Home A Coruña A gastronomía e o talento local na cociña protagonizan o calendario do...

A gastronomía e o talento local na cociña protagonizan o calendario do Concello de Carballo para o 2025

- Anuncio -

Xa está dispoñible, de balde e ata fin de existencias, na casa do concello, a Biblioteca Rego da Balsa e o Museo de Bergantiños

A gastronomía e o talento local na cociña son os protagonistas do calendario do Concello de Carballo para o 2025. Doce cociñeiros e cociñeiras propóñennos outras tantas elaboracións, unha para cada mes do ano.

Hai pratos do máis suxestivos: solombo con cogomelos, salpicón de centola, polbo á grella con puré de patacas, berberechos ó allo, pesto de pistacho… Algúns con máis dificultade, outros con menos, pero todos pensados para que poidamos poñernos diante dos fogóns e converternos en auténticos chefs. De feito, a principal novidade do calendario é que na contraportada inclúe un código QR que permite descargar o receitario completo.

No calendario participan Nacho Novoa Cousillas, David Fariña Varela, Carmen Bello Pallas, Juan Carlos Lage Varela, Chisco Ramos Varela, Adrián Felípez Agrelo, Pablo Iglesias Pérez, María José Seoane Moreira, Miguel Giaquinto Arán, Xusto Posse Rodríguez, Sergio Recarey García e Rocío Martínez Rodríguez, todos e todas con moita experiencia no mundo da restauración.

Algúns deles participaron na presentación xunto co alcalde, Evencio Ferrero, e a concelleira de Normalización Lingüística, Ángeles Pacoret, que agradeceu a colaboración de todos/as os/as cociñeiros/as e destacou o traballo fotográfico e de deseño realizado por Alberte Sánchez e Úrsula Prego, de Distrito Xermar.

O calendario está a disposición de toda a veciñanza, de balde e ata fin de existencias, en tres edificios municipais: casa do concello, Biblioteca Rego da Balsa e Museo de Bergantiños.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas