Home A Coruña A I Festa Rural de Frades incluirá mercado de artesanía, exposición etnográfica,...

A I Festa Rural de Frades incluirá mercado de artesanía, exposición etnográfica, festival folclórico, verbenas e degustación de callos

- Anuncio -

Terá lugar o 17 e 18 de setembro e incluirá un xantar popular, para o que se poden comprar as entradas antes do 15 de setembro

A praza de Ponte Carreira acollerá o vindeiro 17 e 18 de setembro a primeira edición da Festa Rural, organizada polo Concello de Frades en colaboración coa asociación de veciños Rexente, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Unha festa que unirá mercado de artesanía, exposición etnográfica, festival folclórico, verbenas, xantar popular e moitas máis sorpresas.

A festa arrincará na tarde do sábado 17 de setembro coa apertura do mercado de artesanía e dunha exposición etnográfica, que se poderán visitar durante os dous días. A partir das 20:00 horas, o mago Román García presentará o seu Festival Galicia Ilusiona Maxia, que dará paso a unha verbena popular co Dúo Élite.

Xantar popular

O domingo 18 dará comezo cun pasacalles con Embruxo Gaiteiros, que amenizará a reapertura do mercado de artesanía e os xogos tradicionais para todas as idades, que estarán dispoñibles durante toda a xornada. A partir do mediodía haberá unha exposición de motos antigas e unha degustación de callos, que dará paso a unha sesión vermú coa orquestra Salsarena.

Acto seguido, a praza de Ponte Carreira acollerá un xantar popular. O menú estará composto por uns entrantes de empanada e xamón, seguido por callos e xarrete con verduras. De sobremesa haberá larpeira e xeado. O prezo do menú será de 25 euros para persoas adultas, 18 euros para menores de 12 anos e de balde para os cativos e cativas de menos de 5 anos. As entradas estarán á venda no Concello de Frades, na asociación de veciños Rexente, na asociación da terceira idade de Frades e nos bares de Ponte Carreira ata o 15 de setembro.

Para baixar o xantar, de 17:00 a 19:30 horas terá lugar unha nova edición do Festival Folclórico. Nesta ocasión participarán os grupos Sarillo (Aiazo), Medorra con Troula (Galegos) e Carapaus (Santiago). A orquestra Salsarena será a encargada de pechar esta I Festa Rural do Concello de Frades cunha verbena que dará comezo ás 20:00 horas.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas