Home A Coruña A I Festa Rural de Frades reúne esta fin de semana a...

A I Festa Rural de Frades reúne esta fin de semana a unha vintena de postos de artesanía, mostra etnográfica, degustación de callos, festival maxia, verbenas e festival folclórico

- Anuncio -

A praza de Ponte Carreira acollerá tamén unha exposición de motos antigas e xogos populares para toda a familia

A praza de Ponte Carreira acollerá este 17 e 18 de setembro a primeira edición da Festa Rural, organizada polo Concello de Frades en colaboración coa asociación de veciños Rexente, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. Unha festa que incluirá mercado de artesanía, exposición etnográfica, festival folclórico, verbenas, degustación de callos, exposición de motos antigas, festival de maxia, xantar popular e moitas máis sorpresas.

A festa arrincará ás 16:00 horas do sábado 17 de setembro coa apertura do mercado de artesanía e dunha exposición etnográfica, que se poderán visitar ata as 22:00 horas. A mostra etnográfica recollerá moitos dos útiles e ferramentas do campo e do fogar que foron e seguen sendo os compañeiros cotiás do traballo e da vida familiar no rural.

No mercado de artesanía participarán unha vintena de postos de cestos, coiro, madeira, xoiería, maquetas… Algúns destes artesáns, como o caso do cesteiro, farán demostracións da súa arte en directo para desfrute dos asistentes. Outros, como o posto da Casa Grande de Xanceda (Mesía) farán unha degustación de xeados e incluirán actividades para os nenos e nenas que se acheguen pola praza de Ponte Carreira. A partir das 20:00 horas, o mago Román García presentará o seu espectáculo de maxia dentro do proxecto Galicia Ilusiona. Festival Mundial de Ilusionismo. Ao rematar, terá lugar unha verbena popular co Dúo Élite.

Xantar popular

O domingo 18 de setembro, a I Festa do Rural abrirá as súas portas ás 10:00 horas, coa apertura do mercado de artesanía e os xogos tradicionais para todas as idades, que estarán dispoñibles ata as 22:00 horas. Pola mañá, o grupo ordense Embruxo Gaiteiros protagonizará un pasacalles por Ponte Carreira. A partir do mediodía haberá unha exposición de motos antigas e unha degustación de callos, que serán entregados de balde con cada consumición nun bar emprazado na praza.

A sesión vermú correrá a cargo da orquestra Salsarena, que dará paso a un xantar popular composto por uns entrantes de empanada e xamón, seguido por callos e xarrete con verduras. De sobremesa haberá larpeira e xeado. Pola tarde, de 17:00 a 19:30 horas, terá lugar unha nova edición do Festival Folclórico coa participación dos grupos Sarillo (Aiazo), Medorra con Troula (Galegos) e Carapaus (Santiago). A orquestra Salsarena será a encargada de pechar esta I Festa Rural do Concello de Frades cunha verbena que dará comezo ás 20:00 horas.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas