HomeA CoruñaA iniciativa de Alternativa dá luz verde a un espazo de encontro...

A iniciativa de Alternativa dá luz verde a un espazo de encontro para a mocidade en Vilaboa

- Anuncio -spot_img

O pleno aprobou iniciar os trámites para converter o “quiosco” abandonado da Praza da Igrexa, en Vilaboa, nun novo espazo de encontro para a xuventude.

A proposta foi presentada por Alternativa tras recoller a petición de mocidade da zona, que demanda un lugar propio para xuntarse, facer activiades e desenvolver o seu ocio.

Co apoio de PSOE e BNG e a abstención do PP, iniciarase o expediente para reservar unha partida orzamentaria para a execución das obras de trasformación e o mantemento sostible da instalación. Ademáis realizarase unha consulta pública entre mocidade, familias e veciñanza para deseñar o espazo segundo as necesidades reais

A proposta responde a unha triple necesidade: aproveitar un espazo público hoxe en desuso, crear un punto de información e conexión coa área de Xuventude e dar resposta aá falta histórica de lugares específicos para a mocidade no municipio.

Alternativa valora o apoio recibido e destaca que recuperar o quiosco permitirá facer da praza un lugar máis vivo, útil e pensado tamén para a xente nova.

Publicacións Relacionadas