A unidade móbil estará dispoñible o 7 de abril
Unha das unidades móbiles da Inspección Técnica de Vehículos agrícolas e de obras e servizos visitará Brión o vindeiro 7 de abril, en horario de 9:00 a 13:30 horas. Unha estación que este ano cambia o seu tradicional emprazamento fronte á escola unitaria de Ons pola explanada de Villa Amalia (avenida de Santa Minia, fronte ao Centro Social Polivalente) para dar cumprimento ás esixencias técnicas de SYC ITV, empresa concesionaria deste servizo en Galicia.
Diante da negativa da empresa concesionaria a seguir operando en Ons, o Concello de Brión ofreceu distintas alternativas que cumprían coas súas esixencias técnicas e garantir, dese xeito, a prestación deste servizo esencial para numerosos veciños e veciñas de Brión. Unha veciñanza que xa pode reservar a súa cita previa a través do teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.



