HomeA CoruñaA Laracha conta cun novo Punto Limpo Móbil grazas a unha achega...

A Laracha conta cun novo Punto Limpo Móbil grazas a unha achega da Xunta de máis de 58.000€

- Anuncio -spot_img

Trenor destacou que o Goberno galego financiou 7 proxectos de mellora da xestión de residuos nos municipios de Bergantiños-Costa da Morte cunha achega de máis de 244.000 euros
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, participaron na presentación do novo punto limpo móbil co que conta este Concello, grazas a unha achega da Xunta de máis de 58.000 euros a través de orde de subvencións a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional co cargo ao programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.
A través desta axuda A Laracha conta cun novo camión de carga que será empregado como un punto móbil de recollida de residuos que dará servizo a todas as parroquias.

Trenor destacou na visita que grazas a esta orde recibiron máis de 244.000 euros 7 municipios de Bergantiños-Costa da Morte a través de dúas liñas de axuda. Concretamente,
A Laracha, Muxía e Carballo contarán con camións puntos limpos móbiles cunha axuda que
supera os 171.000 euros entre os tres concellos.
Ademais, Carballo recibiu unha achega de máis de 6.000 euros para levar a cabo un
proxecto de recollida selectiva de fraccións orgánicas e finalmente Carballo, Camariñas e
Vimianzo recibiron máis de 67.000 euros para desenvolver proxectos en materia de compostaxe in situ. Todas estas axudas van orientadas a poñer en marcha actuacións
destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos.
O delegado da Xunta finalizou destacando que esta orde beneficiou a 30 concellos de toda a
provincia cun investimento total de máis de 1,1 millóns de euros.

Publicacións Relacionadas