Free Porn
xbporn
Home A Coruña A marca turística “Ría da Estrela - Ría de Muros Noia” preséntase...

A marca turística “Ría da Estrela – Ría de Muros Noia” preséntase ao mercado nacional no marco de FITUR 2024

- Anuncio -

A presidenta da ARD Rías de Muros-Noia, Teresa Villaverde, lanzará o vindeiro venres 26 de xaneiro unha marca que englobará os atractivos turísticos, culturais e gastronómicos dos cinco municipios

“Hoxe nace unha estrela, a Ría da Estrela”. Este é o título da presentación da Ría de Muros Noia, que terá lugar o vindeiro venres 26 de xaneiro no marco da celebración de FITUR 2024. A presidenta da ARD Ría de Muros Noia e alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, destacou a importancia de “estar unidos para promocionar a nosa Ría, que é máxica. Contamos cun xeodestino no que a xente ten a oportunidade de visitar varios concellos, cada un coas súas singularidades e atractivos que temos que seguir traballando para poñelas en valor”.

Por este motivo, Teresa Villaverde explica que “neste ano 2024 lanzaremos definitivamente a marca turística Ría da Estrela-Ría de Muros Noia ao mercado nacional, una marca que por unha banda seguirá ancorando á Ría de Muros Noia todas as propostas baseadas nos recursos turísticos, naturais e culturais así como as propostas provenientes dos concellos, pero por outra banda permitirá no futuro inmediato un reforzo dende o punto do visto do marketing para os produtos concretos que promociona o destino como Peregrinacións marítimas, turismo activo, turismo industrial, praias, etc.”

Por este motivo, A Ría de Muros Noia fará dúas presentacións en FITUR: unha no stand de Galicia, dirixida aos profesionais do sector turístico, e unha segunda dirixida especificamente aos medios de comunicación”. A presentación no stand de Galicia (pavillón 9, parcela 9C07-9C09) terá lugar o venres 26 de xaneiro, ás 12:30 horas. O acto será retransmitido vía streaming a través da páxina de Facebook @riademurosnoia.

Finalmente, ás 14:00 horas terá lugar unha degustación de produtos da ría da marca “KM 0 MarGalaica”, xunto ao stand de Galicia. Unha degustación elaborada por Pepe Senande, do Restaurante A Muradana (Muros), e Lucinda Caamaño, da Casa do Zuleiro (Outes) e composta por mexillóns de muros e peixes da marca Azul de Portosín (Porto do Son).

Camiño a Santiago

A maiores, o persoal da Ría da Estrela aproveitará o marco de FITUR para promover o Camiño a Santiago pola Ría de Muros Noia. “Temos unha axenda de traballo con moitas reunións establecidas e relacionadas co Camiño, que cada año medra en seguidores. Apostamos dende o principio polas peregrinacións marítimas e a realidade nos dá a razón, pois son as únicas peregrinacións marítimas que existen no mercado como produto comercial e que están baseadas nun feito histórico”.

Teresa Villaverde estará acompañada polos alcaldes de Noia, Santiago Freire Abeijón; de Muros, María Lago Lestón, e de Porto do Son, Luís Oujo Pouso; así como pola concelleira de Turismo e Patrimonio de Outes, Soledad Agra Tuñas; e pola concelleira de Cultura de Muros, Caridad González Cerviño.

Relacionadas

O Concello acometerá nas vindeiras semanas obras de restauración na Casa Picasso, con melloras...

0
Con esta intervención, que supón un investimento de máis de 100.000 euros, o Goberno de Inés Rey avanza no seu plan de recuperación dos...

Avanzan os traballos de mellora nos parques infantís da Coruña, coa renovación do firme...

0
O Concello está a traballar estes días na substitución da superficie de xogo, co obxectivo de reforzar a seguridade das crianzas O Concello traballa estes...

San Sadurniño abre as preinscricións nas escolas municipais

0
O Concello de San Sadurniño volverá poñer en marcha a primeiros de outubro a súa oferta de escolas culturais e deportivas para todas as...

Un ferido nun accidente de moto na AC 305, no concello da Pobra do...

0
Os bombeiros do parque Provincial de Ribeira foron alertados ás 01:39 do día 13 de setembro dun accidente cun ferido por mor dunha caída...

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 12 de setembro de 2024

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada do 12 de setembro, a partir das 20.30 horas, a sesión...

O PSOE rexeita que o Pazo dos Serrano sexa un parque público, coa complicidade...

0
● Os sete votos de PSOE serven para rexeitar a moción do BNG para protexer o Pazo dos Serrano fronte á especulación inmobiliaria. ● Máis...

Publicacións Relacionadas