Home A Coruña A Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrará...

A Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo celebrará a súa VII edición no Concello de Ribeira

- Anuncio -

No día de hoxe, Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira, Anxo Núñez Fernández, tenente de alcalde do concello de Outes, e Marcos Gallego, presidente da Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e director da Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo (MDFDM), veñen de facer público o traslado da Mostra MDFDM dende o Concello de Outes ao Concello de Ribeira.

A Mostra, organizada pola citada asociación e patrocinada pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, conta cun histórico de 6 edicións celebradas. Foi inaugurada no ano 2018 no Concello de Carnota, onde se celebraron as 2 primeiras edicións e se ratificou a potencialidade do formato proposto. No 2020, MDFDM dá o salto ao Concello de Outes, consolidando o formato e ampliando a súa duración ata as 5 xornadas. Neste tempo, asentouse no circuíto galego como un evento cunha identidade propia e diferencial que a fai única. Durante a súa etapa en Outes, a Mostra medrou cualitativa e cuantitativamente en canto a actividades desenvolvidas, público asistente, presencia en medios e vinculación e implicación no tecido local con axentes de interese no territorio que permitiu asentar a marca.

Co acordo presentado hoxe, que oficializa a transición da Mostra ao Concello de Ribeira para celebrar a VII edición, a organización traslada o especial interese que o acordo representa para o evento por dúas cuestións fundamentais: a dimensión poboacional de Ribeira, e a destacable relación, actual e histórica, deste concello coa pesca e o medio ambiente mariño. A transición permite conservar a identidade territorial na costa da provincia da Coruña, tendendo deste xeito unha ponte cultural entre a Ría de Arousa e a Ría de Muros Noia.

Asemade, resáltase o interese que para o Concello de Ribeira significa poder contar cun evento cultural de calidade contrastada e asentado no panorama audiovisual galego. “Esta mostra permitirá construir sinerxias moi positivas entre a arte, a cultura e o sector pesqueiro  do noso Concello”afirmou o alcalde Luís Pérez. Supón unha aposta estratéxica no eido cultural  poder contar no programa de actividades coa VII edición de MDFDM, un festival audiovisual  que permita atraer audiencias e incidir na formación de novos públicos. Remárcase a  inauguración neste 2024 do novo auditorio, un contedor cultural de gran formato que  semella o espazo apropiado para a celebración da Mostra como evento principal da etapa  inaugural do mesmo. 

A Mostra Internacional de Cinema Documental MARES DA FIN DO MUNDO está organizada  pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, coa colaboración na dirección e produción  de ABA Films e co patrocinio da Deputación da Coruña, do Concello de Outes e o apoio da  Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Así mesmo, MDFDM forma parte  da Coordinadora Galega de Festivais de Cinema Proxecta integrada na Federación Estatal  de Coordinadoras de Festivales de Cine y Contenidos Audiovisuales Pantalla, é asinante do  Pacto pola Cultura Sustentable, membro da plataforma Europea EU4Ocean e colaborador  da FAO no Ano Internacional da Pesca Artesanal e da Acuicultura 2022.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas