HomeA CoruñaA música e o humor chegan a Muxía co espectáculo familiar Pekeno...

A música e o humor chegan a Muxía co espectáculo familiar Pekeno Kabaret de Tolos, de Títeres Alakrán

- Anuncio -spot_img

O ciclo “Outono en Escena”, organizado polo Concello de Muxía coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña, continúa esta fin de semana cunha proposta chea de ritmo e diversión para toda a familia.

O sábado 25 de outubro, ás 18:00 horas, no Salón do Voluntariado, representarase o espectáculo Pekeno Kabaret de Tolos, da compañía Títeres Alakrán. Un kabaret de marionetas onde as grandes estrelas da música volven cobrar vida nunha función chea de humor, improvisación e boa enerxía.

Sobre o escenario, Ella Fitzgerald, Jimi Hendrix, Camarón, Montserrat Caballé e moitas máis figuras da historia da música desfilan baixo a mirada tola e divertida de Borxa Insua, creador e intérprete da peza.

Pensado para público infantil e familiar, Pekeno Kabaret de Tolos é unha celebración da música e do teatro, un convite a rir, cantar e deixar voar a imaxinación.
A entrada é gratuíta ata completar aforo.

Datos prácticos:
• Espectáculo: Pekeno Kabaret de Tolos
• Compañía: Títeres Alakrán
• Día: Sábado, 25 de outubro
• Hora: 18:00 h
• Lugar: Salón do Voluntariado, Muxía
• Duración: 60 min aprox.
• Público: Infantil e familiar
• Entrada: Gratuíta ata completar aforo

Publicacións Relacionadas