HomeA CoruñaA novena edición do Certame de Curtas Alberto Romero celebrará unha Gala...

A novena edición do Certame de Curtas Alberto Romero celebrará unha Gala o 26 de abril no Auditorio Municipal

- Anuncio -spot_img

O certame de curtas que está a piques de cumprir a década, nesta ocasión quere vestirse de Gala para a entrega dos galardóns mesturados de humor e música e por suposto de curtas.
Hoxe celebrouse a presentación da Gala á que acudiron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a concelleira de Promoción Económica, Genoveva Betanzos máis o presidente da entidade, Santiago García.

O certame audiovisual de curtas Alberto Romero naceu como unha iniciativa da ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira no ano 2016, como homenaxe o traballo e dedicación social de Alberto Romero (1961-2015). A esta iniciativa sumáronse inmediatamente as ANPAs San Roque do IES Leliadoura e ANPA do CEIPP de Palmeira, así como a A.C. Lajareu por Barlovento, asociacións das que Alberto formou parte, entre outras.

A concelleira de cultura anunciou que esta Gala se celebrara o sábado 26 de abril ás 19:00 h onde haberá entrega de premios, música, humor xunto coa proxección das curtas premiadas. A gala será presentada por Fany Pérez e Vanesa Ordoñez e tamén haberá unha banda especial para a ocasión conformada por Thais Suki, Helena Figueiras, Marga Loureda, Daniel Martís, Chumi, Juan Ciego e José Andrés Mariño. Os artistas invitados serán: Antonio Bermo, Flow do Norte, Sandra Folgar, Brumeigho Folk, El Clan de los Impostores, Sue Moreno e Lidia Veiga.

Antía sinalou que “este certame está aberto aos institutos pero tamén hai agora unha categoría libre e outra para centros de diversidade”, engadiu “que é un certame que ten a intención de achegar ao mundo audiovisual á mocidade para que expresen diferentes temáticas a través do vídeo” a concelleira rematou resaltando “como palmeirana teño que dicir que é un orgullo celebrar esta actividade impulsada principalmente dende Palmeira e estar agora aquí como concelleira presentándoa; penso que Alberto estaría orgulloso do que se conseguiu”.
Santiago García amosou a súa ledicia por volver a Ribeira “estamos presentando esta gala que culmina na nosa actividade durante todo o ano, agora mesmo o xurado acaba de facer o seu traballo” falou da Gala significando, “isto ben sendo unha festa coma os Óscars, os Goya, para darlle o seu minuto de gloria á xente que participou e estamos moi contentos de volver a Ribeira que foi onde naceu este certame, e desta vez, temos máis de catrocentos asentos porque sempre se pelexa a xente polas entradas que son de balde”
O número total de curtas que se presentaron foron 45, García sinalou “que non é a edición coa maior número de curtas presentadas pero quédome coa calidade”. As bases do concurso son de temática libre pero si que se valora a crítica social, a lingua galega “pero son de libre composición” engadiu García.
As categorías son primaria, secundaria, diversidade e unha libre para os máis profesionais, tamén engadiuse durante estes anos unha nova de levamos facendo co nome Barbanza Arousa que ten unha temática particular que cambia tódolos anos dependendo dos obxectivos anuais da Mancomunidade e que este é o mar.
Hai 1.800 euros en premios e se reparten nas categorías a 300 euros menos na libre que de 600 euros.

Publicacións Relacionadas