Home A Coruña A Orquestra Infantil e os Coros da OSG actuarán o 4 e...

A Orquestra Infantil e os Coros da OSG actuarán o 4 e 5 de xaneiro no Teatro Colón 

- Anuncio -

As entradas para ambos concertos especiais xa están á venda 

O Teatro Colón acollerá estes primeiros días do ano dúas actuacións especiais da Orquestra Infantil e do Coro Infantil e Xuvenil da Orquestra Sinfónica de Galicia. Os concertos, enmarcados dentro da programación de Nadal do Concello, celebraranse este sábado 4 e domingo 5 de xaneiro, en horario de 19.00 e 12.00 horas, respectivamente. 

“O Goberno de Inés Rey sabe da relevancia que ten a OSG para a cidade e o conxunto de Galicia e o importante que é contar con novas xeracións que manteñan o gran nivel da formación”, indicou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo. 

As entradas para ambos concertos xa están á venda a través de Ataquilla e no despacho de billetes da praza de Ourense. Tamén se poderán adquirir, en caso de que haxa dispoñibilidade, o propio día da actuación no teatro. O prezo é de 7 euros por concerto, 3 euros para menores de 18 anos. 

En primeiro lugar, o sábado 4 ás 19.00 horas actuarán os grupos Pizzicato e Arcos da Orquestra Infantil da OSG, que estarán dirixidos respectivamente por Enrique Iglesias Precedo e Jorge Montes. Interpretarán pezas de Mozart, Beethoven ou Peter Martin. 

Por outra banda, o domingo 5 ás 12.00 horas celebrarase o evento ‘Coros son futuro’, no que participan o Coro Infantil e o Coro Xuvenil da OSG. O primeiro estará dirixido por Sofía Rodríguez Fernández e contará con Isabel Romero ao piano, interpretando un repertorio que inclúe pezas de John Williams ou Vivaldi. O segundo coro estará dirixido por Daniel G. Artés e contará con Ludmila Orlova ao piano, levando a cabo un repertorio de G. F. Haendel.

Relacionadas

Aviso urxente desfile de Reis Carral

0
Debido á previsión de meteoroloxía adversa durante a xornada de mañá, domingo 5 de xaneiro, o Concello de Carral decidiu o seguinte no relativo...

As obras para ampliar a biblioteca municipal da Sagrada Familia, que permitirán a creación...

0
Para facilitar o desenvolvemento dos traballos e reforzar a seguridade das persoas usuarias durante a actuación, o Concello pechará temporalmente a sala infantil da...

Rosa Mª Suárez e Toña Somoza expoñen conxuntamente na Pobra baixo o título As...

0
A arte volve engalana-las paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler coa primeira mostra deste 2025 que, ademais, une o talento de Rosa...

Colisión dun turismo na rúa Estatuto de Galicia, no Concello de Boiro

0
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro participaron esta tarde nun operativo derivado por unha colisión dun turismo, na rúa...

Previsión cabalgata 2025 Miño

0
Este domingo, 5 de xaneiro, os Reis Magos chegan a Miño. Comezarán pola mañá ás 10:30 horas a súa visita polas parroquias do municipio...

Modificacións cabalgata 2025 Camariñas

0
A cabalgata dos Reis Magos deste domingo, 5 de xaneiro, sufriu unhas pequenas modificacións para adaptarse ao mal tempo previsto. As recepcións reais na maior...

Publicacións Relacionadas