HomeA CoruñaA Orquestra Sinfónica de Galicia esgota as entradas para o seu concerto...

A Orquestra Sinfónica de Galicia esgota as entradas para o seu concerto en Londres, dentro da súa xira polo Reino Unido

- Anuncio -spot_img

O resto de datas da xira manteñen un excelente ritmo de venda, en cidades como Bristol, Manchester ou Birmingham

A Sinfónica de Galicia alcanzou o ‘sold out’ no seu concerto do próximo 15 de abril no Cadogan Hall de Londres, un dos fitos máis salientables da súa próxima xira por Reino Unido. Este cheo absoluto confirma o enorme interese do público británico pola formación galega, que levará a súa música a algúns dos auditorios máis prestixiosos do país nunha xira que se desenvolverá entre o 10 e o 17 de abril.

Alén do éxito en Londres, o resto das datas están a rexistrar un ritmo de venda moi positivo, consolidando a proxección internacional da orquestra. O percorrido inclúe paradas en Bristol (Bristol Beacon), Birmingham (Symphony Hall), Basingstoke (The Anvil), Manchester (The Bridgewater Hall), Nottingham (Royal Concert Hall) e Sheffield (Sheffield City Hall).
“O prestixio da OSG vai máis alá das nosas fronteiras e así o entendemos desde o Goberno municipal, que quixemos virar o rumbo dun dos emblemas da nosa cidade e darlle unha maior proxección internacional”, indicou Inés Rey, alcaldesa da Coruña.

Unha xira inédita

Esta xira supón unha nova oportunidade para reforzar a presenza da Sinfónica de Galicia no circuíto internacional, levando a súa excelencia artística a novos públicos e consolidando o seu prestixio fóra das nosas fronteiras. Trátase dunha iniciativa pioneira, que posiciona á OSG como un referente internacional e que supón unha honra nunca antes recibido por unha orquestra española, e precisamente por iso é tamén un enorme reto.

Un que a OSG asume con especial ilusión, cun repertorio de clara inspiración española, incluíndo grandes obras clave da historia musical de España, como ‘El Chapeu de Tres Pico’s ou ‘El Concierto de Aranjuez’, pero tamén dúas obras con acento galego, as dúas grandes pezas crave deste repertorio: ‘Danza Meigas’ de Rogelio Groba e ‘Ruada’, de Fernando Buide, que será ademais estrea.

Publicacións Relacionadas