Home A Coruña A piques de iniciarse as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade...

A piques de iniciarse as obras de pavimentación e mellora da accesibilidade na contorna da Casa dá Cultura e a rúa San Xiao

- Anuncio -

· Esta semana asinouse o contrato para o comezo dos traballos, que teñen un orzamento de 70.000 euros.

· Na Casa dá Cultura pavimentarase o aparcamento e crearanse beirarrúas, que conectarán coa urbanización de Vos Mariñeiros.

· Co proxecto para a rúa San Xiao completarase a renovación do firme das vías que conectan a avenida da Paz e a da Constitución.

O Concello de Cariño asino esta semana o contrato para o comezo das obras de pavimentación e mellora da accesibilidade na contorna da Casa da Cultura e na rúa San Xiao, un proxecto valorado en 70.294,82 euros financiado a través do Plan Único da Deputación dá Coruña.

Por unha banda, na Casa da Cultura os traballos inclúen a mellora do firme do aparcamento con aglomerado asfáltico e a sinalización das prazas para os vehículos. Ademais, na contorna do edificio e para evitar que os peóns teñan que utilizar a zona de céspede, crearanse beirarrúas que se conectarán coas existentes na urbanización de Vos Mariñeiros.

Esta é unha das actuacións que o goberno local ten previstas para a Casa da Cultura, onde está pendente de firma dun convenio coa Deputación dá Coruña para cambiar tanto a cuberta deste equipamento cultural como a do polideportivo municipal.

Polo outro, esta obra tamén inclúe o asfaltado da rúa San Xiao co obxectivo de completar a renovación do firme das vías que funcionan como entroncamentos das dúas rúas principais do centro urbano de Cariño: avenida da Constitución e avenida da Paz, na que se realizaron este ano obras para mellorar o pavimento desde as casas baratas ata a rotonda do porto.

Proxectos aprobados en pleno

Proximamente entrarán en fase de licitación dous proxectos xa aprobados polo pleno da corporación municipal: a demolición dunha nave adquirida polo Concello na rúa Doutor Soneira para facer máis ancha a rúa e mellorar a seguridade viaria e a substitución da instalación eléctrica na Casa da Cultura.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas