Home A Coruña A plataforma Cemit abriu hoxe o prazo de inscrición nos cursos “Internet...

A plataforma Cemit abriu hoxe o prazo de inscrición nos cursos “Internet e informática básica” e “Tratamento de imaxes/vídeos e a súa difusión”

- Anuncio -

A concelleira de Formación e Novas Tecnoloxías, Natalia Hermida, anunciou a apertura do prazo de inscrición, hoxe, en dous cursos da plataforma Cemit que se impartirán na Aula Cemit de Xuvia. A edil informou que se trata das accións formativas “Internet e informática básica” e “Tratamento de imaxes/vídeos e a súa difusión”. As persoas interesadas en anotarse poden inscribirse a través dos enlaces: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41068 e https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial/41069, respectivamente. As sesións impartiranse, en ambos casos, do 22 de febreiro ao 5 de abril.

O curso de “Internet e informática básica” terá unha duración de 124 horas e impartirase en quenda de mañá, de 9.30 a 13.30 horas. Fundamentación da informática, que é un computador, hardware e software, elementos dun computador, introdución ao sistema operativo, uso do procesador de texto, introdución a internet, á web 2.0 e á administración electrónica son algúns dos temas que abordará o alumnado.

En canto ao curso de “Tratamento de imaxes/vídeos e a súa difusión”, terá tamén unha duración de 124 horas, que se impartirán neste caso en quenda de tarde, dende as 16.00 ata as 20.00 horas. As alumnas e alumnos terán a oportunidade de abordar temas como pasar fotos e vídeos da cámara ao disco duro, retoques básicos de imaxe e de cor avanzados, reparar imaxes, efectos especiais, publicar imaxes na nube, engadir animacións e efectos visuais, agregar música e outros axustes de audio e vídeo.

Relacionadas

Últimos días para visitar a exposición da escola de cerámica da asociación Cerámica e...

0
O vindeiro luns, 29 de abril, pecha ao público a exposición Auga, terra, aire e lume, do alumnado da escola de cerámica que dirixe...

O Concello de San Sadurniño remata o aglomerado dun novo tramo na zona da...

0
O investimento, cofinanciado pola AGADER e o Concello, ascende a 87.000 euros A empresa de obra pública Hordescon S.L. rematou hai escasos días o proxecto...

Xornada sobre o ciclo da auga no CEP de Carreira

0
O alcalde de Ribeira, Luís Pérez e o concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, visitaron o CEP de Carreira durante unha xornada de formación sobre...

No pleno de abril o BNG de Oleiros voltará a incidir na necesidade dunha...

0
Detectamos moitas queixas contra a empresa que xestiona as piscinas públicas de Oleiros. Para o BNG a única alternativa viábel é a xestión pública...

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Publicacións Relacionadas