Free Porn
xbporn
Home A Coruña A Pobra afonda no universo valleinclaniano con moita dramaturxia e unha presentación...

A Pobra afonda no universo valleinclaniano con moita dramaturxia e unha presentación literaria especial

- Anuncio -

As XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán deixan unha semana máis numerosas actividades na Pobra do Caramiñal. Nestes días sucédense funcións teatrais dirixidas exclusivamente á comunidade educativa, pero tamén hai oferta cultural para o público en xeral.

“Como se constata na axenda deseñada para esta semana, non só queremos facer fincapé na vixencia do pensamento e da arte do literato entre o público adulto, tamén queremos que as novas xeracións se acheguen ao seu legado. Por iso teremos nestas xornadas accións dirixidas á secundaria e á primaria. E, ademais, levamos a cabo propostas para conmemora-lo centenario da versión definitiva de Luces de bohemia”, nas palabras da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, quen quere tamén agradece-lo interese da comunidade educativa no programa de actos coa súa asistencia e a reserva das datas por parte das compañías para estar na localidade.

O estudantado do IES tivo unha sesión exclusiva de Luces de bohemia, de MyH Producciones, no luns 21, ás 11.30 horas, no Elma. E tamén hai teatro para o alumnado dos CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra. Teatro Cachirulo levará á escena Farsas, no mércores 23 e no xoves 24, ás 11.30 horas, no Elma.

Xa no venres 25 introducirase o público pobrense na Flor de Santidad: Historia milenaria, de Ramón del Valle-Inclán, cunha edición facsímile a cargo de Olivia Rodríguez Tudela, profesora da Universidade da Coruña, quen estará acompaña polo editor, Quique Alvarellos Casas. Esta obra foi recoñecida polo Ministerio de Cultura co segundo premio ao facsímile mellor editado en España en 2023. Será ás 20.00 horas, na sala de iconografía do Museo Valle-Inclán.

A dramaturxia tamén chegará co formato dun itinerario teatralizado con moito humor por espazos valleinclanianos da Pobra con A vila na que as pariu! Cen anos das Luces de bohemia de Valle-Inclán, da man de Teatro Enpunto, no sábado 26, a partir das 12.30 horas. O punto de encontro establécese no Cantón da Leña.

E Cardume Teatro representará Las galas del difunto… e outros esperpentos, no teatro cine Elma, ás 19.30 horas do domingo 27.

Tódalas citas son de acceso libre e de balde.

Relacionadas

O rueiro coruñés incorpora a figura de Ángel Gómez Hervada cunha rúa en Xuxán

0
Inés Rey: “Gómez Hervada evocábanos que sempre é posible o diálogo e a amabilidade” A alcaldesa, Inés Rey, presidiu esta tarde o acto de descubrimento...

Mañá abre o prazo para anotarse nas actividades de envellecemento activo municipais

0
 As actividades distribúense polas parroquias e comezarán o día 4 de novembro. O Concello de Ponteceso pon en marcha unha nova edición das actividades...

Neda recibe a visita da Oficina Móbil de Atención ao Peregrino

0
O alcalde subliña a utilidade deste servizo da Garda Civil para optimizar a seguridade das persoas que fan o Camiño Inglés A contorna do albergue...

O delegado do Goberno avanza co alcalde de Boqueixón na glorieta na N-525 ao...

0
Prevese construír unha rotonda na intersección coa DP-1202 para moderar a velocidade do tráfico e permitir todos os movementos, en especial para o tráfico...

O concello renova os protectores das torres de iluminación do campo de fútbol a...

0
Invístense 57.000 procedentes integramente de fondos municipais. O Concello está a renovar os proxectores das torres de iluminación do campo de fútbol A Porta Santa...

O Partido Popular de Arzúa solicita á Delegación do Goberno o repintado da N-547,...

0
• A actuación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible leva todo o verán e parte do outono pendente de rematar co repintado. • Os...

Publicacións Relacionadas