HomeA CoruñaA Pobra arranca o arranxo de varias vías da Tomada cun investimento...

A Pobra arranca o arranxo de varias vías da Tomada cun investimento de máis de 180.000 euros

- Anuncio -spot_img

· O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, visitaron a zona para comprobar o inicio dos traballos.

O Concello acaba de iniciar os traballos de renovación en varias vías do polígono industrial da Tomada. As actuacións levaranse a cabo en dúas fases e en zonas diferenciadas, sumando un investimento total de 180.360,71 euros. Dunha banda, parte dos labores están a realizarse na estrada de acceso ao parque industrial (a que une a rotonda de entrada á zona coa glorieta da avenida da Tomada) e, doutra, na que discorre polo interior do polígono.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, desprazáronse esta semana á zona para comprobar o inicio destas obras, coas o goberno local mantén unha aposta decidida por “reforzar as condicións de seguridade e mellorar o estado da Tomada, un motor económico para o municipio”.

No caso da vía de acceso á zona industrial, o Concello renovará a calzada por completo, acometendo tanto o fresado de pavimento de aglomerado asfáltico como o pintado da sinalización. En canto á que transcorre polo interior da Tomada, acometerase un fresado das zonas asfaltadas na actualidade para a posterior execución da nova pavimentación. Así mesmo, procederase ao repintado da sinalización na zona de actuación.

Publicacións Relacionadas