HomeA CoruñaA Pobra busca persoas voluntarias para facer da visita das Súas Maxestades...

A Pobra busca persoas voluntarias para facer da visita das Súas Maxestades unha xornada inesquecible

- Anuncio -spot_img

· As persoas que desexen participar poden contactar co Concello a través do correo alcaldia@apobra.gal ou chamando ao 981 843 280 (ext. 2035).

A Pobra do Caramiñal ultima os preparativos para a chegada das Súas Maxestades de Oriente. Co obxectivo de que a visita de Melchor, Gaspar e Baltasar se converta nunha experiencia máxica para os nenos e nenas, o Concello busca persoas voluntarias para colaborar na organización da Cabalgata de Reis. A tradicional comitiva levarase a cabo o luns, 5 de xaneiro, percorrendo diferentes puntos do termo municipal.

As persoas que desexen participar poden contactar co Concello a través do correo alcaldia@apobra.gal ou chamando ao 981 843 280 (ext. 2035).

Publicacións Relacionadas