HomeA CoruñaA Pobra estimulará a creatividade da veciñanza cos seus obradoiros de Nadal

A Pobra estimulará a creatividade da veciñanza cos seus obradoiros de Nadal

- Anuncio -spot_img

· As actividades terán lugar na Praza de Abastos ao longo do mes de decembro. As persoas interesadas deberán anotarse no correo electrónico obradoirosnapobra@gmail.com.

A Concellería de Promoción Económica organiza, un ano máis, os seus obradoiros de Nadal. Trátase de propostas que completarán o programa do municipio para as festas do Nadal que están dirixidas a público adulto. As actividades levaranse a cabo durante o mes de decembro na Praza de Abastos e todas as sesións serán de 18.00 a 20.00 horas. As prazas son limitadas, polo que se requirirá inscrición previa a través do correo electrónico obradoirosnapobra@gmail.com. Co obxectivo de que a iniciativa chegue ao maior número de veciños posible, cada persoa poderá anotarse nun único curso e, en caso de inscribirse en máis, pasaría a estar na lista de agarda.

A concelleira da área, Amparo Cerecedo, confía en que a convocatoria logre “cifras de asistencia similares ás acadadas nas últimas edicións, nas que se cubriron todas as prazas dispoñibles”. O programa de Promoción Económica busca, tal e como explicou a edil, “potenciar a creatividade da veciñanza, impulsándoos a utilizar a súa imaxinación con actividades centradas no Nadal”.

Nos primeiros obradoiros, que terán lugar entre o 1 e o 3 de decembro, os veciños e veciñas farán o seu propio Rudolf de tea. A iniciativa estará impartida por Mayka Gómez (Wooding).

Na seguinte proposta do calendario, o público asistente aprenderá, paso a paso, a confeccionar grilandas e a preparar unha mesa de Nadal mediante a creación de elementos decorativos. Neste caso, os talleres serán o 10, o 11 e o 12 de decembro a cargo de Cany Juncal.

As últimas actividades serán os talleres de elaboración de sobremesas típicas desta época, e estarán impartidos por Carla Madrid. Nos primeiros, que se desenvolverán o 13 e o 14 de decembro, as persoas asistentes elaborarán galletas e cupcakes de Nadal. Os segundos estarán centrados na elaboración de minitortas, de galletas e de cupcakes (17, 18 e 19 de decembro).

Publicacións Relacionadas