Home A Coruña A Pobra festexará o Carme do Castelo a mediados de xullo

A Pobra festexará o Carme do Castelo a mediados de xullo

- Anuncio -

A festividade do Carme do Castelo regresa á Pobra do Caramiñal despois de dous anos sen se poder celebrar por mor da COVID-19. Para tal ocasión, o Concello e a comisión de festas lanzan unha programación cunha vertente relixiosa, cultural e lúdica. Ao acto de presentación asistiron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra); a concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); e o presidente e tesoureiro da mencionada entidade, José María Abuín e Ricardo Santamaría, respectivamente.

As actividades arrancarán no 15 de xullo coa actuación de The Cachas & Cousins, ás 22.30 horas, na praza do Emigrante.

A xornada do sábado 16 estará marcada polo folclore galego. O lanzamento de bombas de palenque, ás 09.00 horas, anunciará o comezo do día para, ás 10.00 horas, dar paso ás alboradas polas parroquias a cargo de Caraveiros, Trécola e Pequenos do Barbanza. A tradición continuará con Arrancadeira, a partir das 13.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán; e co pasabares con Faíscas da Pontraga, ás 20.30 horas. Xa pola noite, a praza Alcalde Segundo Durán acollerá, das 22.00 horas en diante, o VI Festival Folk con A Requinta da Laxeira e Pandeireteiras Sen Fronteiros.

A mañá do domingo 17 espertará, ás 09.00 horas, coas bombas de palenque para que, ás 10.00 horas, a música volva ás parroquias, desta vez da man de Xiada e Banda de Música Ateneo Musical da Pobra. Este último grupo retornará ao centro da localidade para ofrecer unha actuación ás 12.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán. Pola tarde, ás 19.00 horas, oficiarase a Misa solemne na honra da Virxe do Carme na igrexa parroquial de Santiago da Pobra do Deán e, deseguido, sairá en procesión marítima. E a noite estará amenizada, a partir das 22.00 horas, por unha nova sesión da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra, no Cantón da Leña.

Ademais, do día 8 ao 16 haberá novena no referido templo, ás 20.00 horas.

Relacionadas

O concello mellora a estrada no núcleo de A Fontaíña, en Lemaio

0
O proxecto supera os 86.000 euros de investimento. O núcleo de A Fontaíña, na parroquia de Lemaio, está a ser obxecto dun proxecto promovido polo...

Mercedes Rosón sobre a operación Peleteiro: “BNG e CA deben asumir a súa responsabilidade...

0
Lembra que en febreiro do 2023 toda a oposición bloqueou o proxecto do goberno socialista para a rehabilitación da parcela do antigo Peleteiro “Hoxe a...

A Festa da Filloa de Lestedo obtén o título de Festa de Interese Turístico...

0
A Secretaría de Estado de Turismo vén de remitir a resolución favorable á devandita declaración que converte a esta celebración na terceira da provincia...

A praia da Corna volve ser escenario dunha nova xornada de retirada de lixo

0
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Terá lugar no domingo 21,...

O Concello acometerá traballos de mellora do firme en nove rúas da cidade

0
As obras arrancarán nas próximas semanas e levaranse a cabo na rúa da Presa, rúa do Campo de Santa Isabel, rúa de Vite de...

Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de Cross de San Pedro de...

0
Aberto o prazo de inscrición da Baixada Popular de  Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do  circuíto Coruña Corre  As persoas interesadas en...

Publicacións Relacionadas