Home A Coruña A Pobra recuperou a tradicional procesión votiva das mortallas

A Pobra recuperou a tradicional procesión votiva das mortallas

- Anuncio -

A devoción marcou a xornada deste domingo 18 coa tradicional procesión votiva das mortallas, caracterizada pola participación dos cadaleitos ofrecidos por aquelas persoas que evitaron a morte ou sandaron dalgunha enfermidade.

As campás da igrexa de Santiago do Deán anunciaron pouco despois das 10.30 horas a saída do Nazareno para percorre-las rúas da Pobra do Caramiñal trala paréntese ocasionada pola pandemia.

Unha multitude de fieis conformaron a comitiva que lle quixo render tributo, coa cor morada e o olor da cera das candeas prendidas como un dos sinais de identidade. O acto contou tamén con acompañamento musical e a asistencia de autoridades coma o alcalde, Xosé Lois Piñeiro.

Ademais, despregouse un amplo operativo co fin de afianza-la seguridade no transcurso deste evento.

Declarada Festa de Interese Turístico Galego, as celebracións do Nazareno chegarán ao seu fin no 19 de setembro co grande espectáculo de fogos artificiais.

Relacionadas

O servizo de axuda no fogar atendeu o ano pasado a 395 veciños e...

0
Entre dependencia e libre concorrencia prestáronse 74.566,59 horas de SAF, que tiveron un custe total de 1,6 millóns de eurosO servizo municipal de axuda...

O Concello da Pobra colabora no proxecto ESCLIMATIC que mide o impacto do cambio...

0
A cooperativa Dálle que Dálle atópase inmersa nun proxecto co obxectivo de crear unha ferramenta interactiva e intuitiva para o autodiagnóstico e a planificación...

Comeza a repoboación da Carballeira de Santa Minia coa plantación de oito novos exemplares

0
Procedentes dun viveiro de Abadín, as novas árbores teñen uns tres metros de altura e están perfectamente equilibrados entre copa e raíz, para facilitar...

O percebe de Aguiño celebra unha nova edición coincidindo co 100 aniversario da Cofradía

0
Os edís Vicente Mariño, Fernando Abraldes, Francisco Suárez-Puerta e Antía Alberte presentaron hoxe a Festa do Percebe de Aguiño xunto a Manuel Ángel Reiriz,...

O Concello de Boqueixón abre o prazo para solicitar as axudas de 400 euros...

0
As familias das crianzas nadas, acollidas ou adoptadas entre o 1 de xaneiro e o 26 de marzo teñen ata o 10 de abril...

O pleno votará a aprobación definitiva do Plan Parcial AR-S1 que pretende a creación...

0
A promotora tamén solicitou o cambio de sistema de actuación de compensación a concerto. Dous dos asuntos que serán elevados á sesión ordinaria do Pleno...

Publicacións Relacionadas