Home A Coruña A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe...

A Pobra reparte as últimas caramiñas para sortear nuns días a viaxe familiar a Eurodisney

- Anuncio -

A época do Nadal xa está chegando ao seu fin e A Pobra do Caramiñal prepárase para despedi-la campaña Volta o Nadal, voltan as Caramiñas posta en marcha pola Concellaría da Promoción Económica. Así, a concelleira Amparo Cerecedo fixo entrega das últimas caramiñas correspondentes coa acción focalizada nas redes sociais, a cal leva en activo dende o 1 de decembro. As persoas agraciadas dispoñen de 200 euros en vales para trocar nos establecementos adheridos. E ata o día 5 de xaneiro existe a posibilidade de gaña-la viaxe a Eurodisney, patrocinada pola empresa Congalsa, entre tódalas imaxes captadas dende o inicio da campaña.

Quen desexe probar sorte tan só ten que sacar fotos nos photocall coñecidos como recunchos do Nadal situados na Covecha, no Fogar do Nadal (Casa Mariñeira), no parque de Raquel Fernández Soler, na praza dos Irmáns Axeitos, no Cantón da Leña, na praza Victoriano García Martí e na praza de abastos. Estas instantáneas compartiranse no apartado de historias do Instagram mencionando a conta @caraminhasnapobra. En caso de te-lo perfil privado, haberá que face-lo mesmo proceso e, a maiores, enviar unha captura de pantalla da historia á dita conta da rede social para que así se contabilice para o sorteo.

A edil explica que o nivel de participación por estas datas é superior ao do ano pasado, constatando “a boa acollida que tivo entre a xente, especialmente, na mocidade. Esta é, polo tanto, unha forma de achega-lo comercio local á xuventude, máis acostumada a comprar en grandes superficies ou por Intenet. Tamén logramos o obxectivo de dinamiza-lo noso municipio a nivel social e económico. Agora toca agardar para ver a quen lle sorrí a fortuna co gran premio final da viaxe familiar a Eurodisney.”

Relacionadas

Aviso urxente desfile de Reis Carral

0
Debido á previsión de meteoroloxía adversa durante a xornada de mañá, domingo 5 de xaneiro, o Concello de Carral decidiu o seguinte no relativo...

As obras para ampliar a biblioteca municipal da Sagrada Familia, que permitirán a creación...

0
Para facilitar o desenvolvemento dos traballos e reforzar a seguridade das persoas usuarias durante a actuación, o Concello pechará temporalmente a sala infantil da...

Rosa Mª Suárez e Toña Somoza expoñen conxuntamente na Pobra baixo o título As...

0
A arte volve engalana-las paredes da casa da cultura Raquel Fernández Soler coa primeira mostra deste 2025 que, ademais, une o talento de Rosa...

Colisión dun turismo na rúa Estatuto de Galicia, no Concello de Boiro

0
O Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Boiro participaron esta tarde nun operativo derivado por unha colisión dun turismo, na rúa...

Previsión cabalgata 2025 Miño

0
Este domingo, 5 de xaneiro, os Reis Magos chegan a Miño. Comezarán pola mañá ás 10:30 horas a súa visita polas parroquias do municipio...

Modificacións cabalgata 2025 Camariñas

0
A cabalgata dos Reis Magos deste domingo, 5 de xaneiro, sufriu unhas pequenas modificacións para adaptarse ao mal tempo previsto. As recepcións reais na maior...

Publicacións Relacionadas