Home A Coruña A Policía Autonómica esclarece tres incendios nos concellos de Ribeira, Melide e...

A Policía Autonómica esclarece tres incendios nos concellos de Ribeira, Melide e Vila de Cruces

- Anuncio -

Os lumes producíronse nos tres casos por escapes de queimas

No que vai de ano, a Policía Autonómica investigou a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

Axentes da Policía Autonómica en colaboración con axentes ambientais veñen de esclarecer tres incendios que tiveron lugar nos concellos de Ribeira e Melide, na provincia da Coruña, e no municipio pontevedrés de Vila de Cruces.

O primeiro dos lumes que esclareceron os axentes da xefatura da Policía Autonómica en Santiago de Compostela, xunto con persoal do Distrito Forestal IV Barbanza, ocorreu o pasado 31 de marzo, na parroquia de Carreira, do concello coruñés de Ribeira debido a un escape de queima que o presunto autor estaba a realizar sen adoptar as debidas medidas de precaución que requiriu a intervención dun axente para a súa extinción. As dilixencias remitíronse ao xulgado de Garda de Ribeira.

Axentes da mesma sede, en colaboración co persoal do Distrito Forestal III-Santiago Meseta Interior, esclareceron outro incendio que se produciu o pasado 15 de abril na parroquia de Grobas do municipio de Melide, que afectou 400 metros cadrados de superficie arborada e 100 metros cadrados de monte raso. O lume orixinouse tamén cando o presunto autor realizaba queimas de restos forestais sen medidas de seguridade e na súa extinción participou un axente. Por estes feitos enviouse atestado ao Xulgado de Instrución de Garda de Arzúa.

Por outra parte, na parroquia de Camanzo, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, rexistrouse o pasado 5 de maio un lume que afectou 1.300 metros cadrados de monte raso e en cuxa extinción participou un axente. Axentes da Policía Autonómica de Santiago e persoal do Distrito Forestal XVI-Deza Tabeirós colaboraron na investigación deste incendio que se orixinou cando o investigado estaba a facer unha queima de restos de talas e que se estendeu ao monte por non térense adoptado as medidas de precaución oportunas. Do actuado, enviouse atestado ao Xulgado de Instrución de Garda de Lalín.
No que vai de ano, o Grupo de Incendios da Policía Autonómica investigou a 18 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Relacionadas

O pleno abordará o próximo martes a modificación das ordenanzas reguladoras do Programa de...

0
Manteranse as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. O martes da próxima semana (30 de...

O 97% do alumnado de cuarto de Infanti obten praza no centro educativo escollido...

0
— Este ano recibíronse un total de 14.379 solicitudes de nenos de tres anos, que se incorporan así ao sistema educativo, para as 21.137...

Accidente de tráfico na N-6 á altura do punto quilométrico 556 ao seu paso...

0
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Betanzos foron alertados ao redor das 12:30 de horas da mañá de hoxe, 25 de abril, dun...

O Concello lanza unha serie de paseos guiados para afondar na relación de Compostela...

0
'Compostela e as orixes da lingua' ofrece unha andaina guiada co que achegarse ás orixes de Compostela e a súa relación coa lingua galega...

A Coruña acolle este domingo a XXIX Carreira Alternativa

0
Baixo o lema ‘Máis igualdade e inclusión’, a proba percorrerá 7 quilómetros con saída e chegada na praza de María Pita A Coruña acollerá este...

Todos os contratos do Concello de Oleiros adxudícanse conforme á lei

0
Nun interesado exercicio de manipulación, La Voz de Galicia publica hoxe unha noticia falsa en relación ás contratacións do Concello de Oleiros, cando todas...

Publicacións Relacionadas