O persoal técnico de Infraestruturas traballa xa no lugar para substituír o colector danado e calcula que en dúas semanas deberían estar os traballos rematados A
A Policía Local tivo que cortar o tráfico este mediodía debida a unha rotura nas tubaxes da rede de saneamento da avenida da Concordia coa avenida da Pasaxe. Ao se rachar o colector e botar todo o contido para fóra, abriuse o pavimento na zona, polo que se procedeu a impedir a circulación de vehículos no acceso á avenida da Pasaxe. Xa se reabriu, iso si, o tráfico no sentido de baixada entre a rúa da Mercé e a avenida da Pasaxe. O transporte público estase desviando por Casabranca e Monte das Moas. Pola súa parte, o persoal técnico municipal de Infraestruturas xa está traballando no lugar para solucionar canto antes esta incidencia. Nun prazo aproximado de dúas semanas, contan con substituír este elemento. Até alí desprazaron a maquinaria precisa co fin de instalar máis de 20 metros lineais de tubaxe nova.