Home A Coruña A portuguesa Filipa Leal e a galega Nuria Vil, novas protagonistas este...

A portuguesa Filipa Leal e a galega Nuria Vil, novas protagonistas este luns do ciclo Poetas Di(n)versos

- Anuncio -

As poetas ofrecerán un recital gratuíto ás 20.00 horas no Ágora

O ciclo, consolidado como a única cita estable que acolle poetas internacionais, permite coñecer este trimestre a poética de Suecia, India e Portugal

O ciclo Poetas Di(n)versos retoma a súa actividade e presentará este próximo luns, 12 de decembro, unha mostra do mellor da poesía de Portugal e Galicia, coa presenza no Ágora de Filipa Leal e Nuria Vil. Será un acto aberto e gratuíto a partir das 20.00 horas, dunha hora de duración aproximadamente, que conducirá a fundadora e coordinadora do ciclo, a tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño.

Filipa Leal é unha escritora, poeta, guionista e periodista nada na localidade de Porto e está considerada como unha das novas poetas máis destacas de Portugal. A súa obra inclúe doce títulos xa publicados, entre eles A Cidade Líquida, A inexistencia de Eva, O Problema de Ser Norte, así como os máis recentes Vem á Quinta-feira e Fósforos e Metal sobre Imitação de Ser Humano, ambos os títulos finalistas do Premio Correntes d’Escritas.

Trátase, por tanto, dunha das poetas portuguesas máis consagradas da súa xeración e está presente tanto en antoloxías portuguesas como estranxeiras así como en proxectos como Poemas no metro, instalacións sonoras e álbums de poesía e música. Actualmente presenta o programa de literatura Nada será Como Dante, na RTP2.

Honestidade e carácter definen á viguesa Nuria Vil, unha voz puxante e rebelde da poesía galega. Moi activa nas redes sociais, forma parte da poesía escénica Dúas gamberras e un Micro, xunto coa tamén poeta Vanessa Glemsel, da plataforma de crítica literaria A Sega, e tamén dun proxecto con música experimental xunto a MorlitaM.

O pasado ano colleitou eloxios polo seu primeiro e único poemario escrito: Simún (Chan da Pólvora, 2021). Segue a desenvolver propostas multidisciplinares que unen danza, música experimental ou improvisación oral poñendo o foco na vindicación social, o activismo LGBT e o antirracismo.

Filipa Leal e Nuria Vil porán o remate do trimestre de outono de Poetas Di(n)versos, aínda que o ciclo continuará mes a mes ata xuño.

A programación poética do Concello da Coruña volverá retransmitirse en liña e en directo e volverá tamén editar un folleto coa traxectoria e un poema das convidadas, e convidar a unha libraría da cidade a que poña á venda os títulos das autoras. Deste xeito, aquelas persoas interesadas en facerse cunha copia, poderán solicitar sinaturas do seu puño e letra.

Con elas dúas retómase a coidada programación poética do Concello da Coruña. Galardoado co Premio da Crítica de Galicia, co Premio Follas Novas á Mellor Iniciativa Cultural e co Premio Rodolfo Prada á Xestión Cultural, o ciclo Poetas Di(n)versos segue reunindo a mellor poesía de Galicia e do resto do mundo na voz dos seus propios autores e autoras, constituíndo o único ciclo estable que en todo o Estado español presenta voces internacionais de maneira estable e periódica

Fundado a coordinado pola tamén poeta e xestora cultural compostelá Yolanda Castaño, Poetas Di(n)versos presenta algunhas das máis interesantes poéticas mundiais a carón de autores e autoras en galego, permanecendo atento a novas correntes e amosando toda a  diversidade lírica que se escribe hoxe no mundo. Chegaron, neste outono, dende Suecia, a India e Portugal.

En concreto, o recital aberto e gratuíto xuntou en outubro ás voces da sueca Ida Börjel e o galego Pablo Otero, mentres que en novembro as protagonistas foron a india Matma Sagar e a galega Verónica Martínez Delgado.

Relacionadas

José Pernas, Ricardo Pardo, Diego Gonzélez Rivas e o Deportivo, Medallas de María Pita...

0
A alcaldesa fixo entrega ás persoas e entidades agraciadas dunha medalla por “pertencer ao mellor da coruñesía” A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presidiu esta...

O goberno local levará ao pleno o convenio con Arteixo para a execución do proxecto...

0
A intervención, valorada en 510.000 euros, será subvencionada nun 50 % pola Xunta de Galicia. O xoves da semana que vén celebrarase a primeira sesión...

O Concello presenta a campaña “Compostela con tempo. Santiago con todo” en FITUR 2025

0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, participarán esta semana en FITUR co obxectivo de pór en valor...

O Concello de Ribeira saca a poxa pública 12 prazas de garaxe e 14...

0
O Concello de Ribeira saca a poxa pública por un prezo total inicial de 130.105 euros un total de 12 prazas de garaxe e...

Belén do Campo reúnese co alcalde da Laracha para seguir avanzando nas vías de colaboración entre...

0
A delegada da Xunta, Belén do Campo, acompañada polo director territorial da Conselleira de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Indalecio Cabana, reuniuse co alcalde...

Ribeira inaugurará o Centro Social de Carreira cunha celebración cultural o 26 de xaneiro

0
O Concello de Ribeira anuncia con satisfacción a inauguración do novo Centro Social de Carreira, un espazo deseñado para satisfacer as necesidades sociais e...

Publicacións Relacionadas