Segundo fontes da concellería do Mar capitaneada por Fernando Abraldes, se informa que o vindeiro sábado 2 de agosto na praia da Robeira de Corrubedo en horario de 10 a 14 horas, terá lugar a segunda xornada pertencente á II Xuntanza de Esculturas de Area.
.A xornada está dirixida á rapazada de 3 a 12 anos e poden estar acompañados por un adulto; haberá agasallos para toda a rapazada. As inscricións se poderán facer presencialmente na oficina de turismo do Malecón ou ben chamando ao número 981 87 30 07.