Haberá xogos, obradoiros e un concerto infantil gratuíto con Félix Arias, nunha proposta dirixida ao público familiar
O domingo 24 de agosto, a praza Pablo Iglesias, no barrio do Castrillón, acollerá unha xornada de dinamización infantil e familiar dentro do circuíto de mercados ecolóxicos de barrio promovido polo Concello da Coruña.
Entre as 10:00 e as 15:00 horas, a veciñanza poderá desfrutar dunha mañá con xogos, obradoiros e música pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas da casa.
Programación:
● 10:00 a 15:00 h
○ Espazo de dinamización infantil
○ Stand dos desexos
● 11:30 a 12:30 h
○ Obradoiro infantil de refugallo “Medusiñas”
■ Actividade de balde
■ Aforo limitado a 15 nenos/as
■ Inscricións no mercado desde as 10:00 h
● 13:00 h
○ Concerto de Félix Arias: música peque-rechiña
■ Espectáculo recomendado para público de 0 a 4 anos
Esta proposta forma parte da aposta do Goberno de Inés Rey por achegar o comercio local, o consumo responsable e as actividades culturais aos barrios, favorecendo espazos de encontro veciñal e ocio saudable en familia.