Home A Coruña A rapazada de San Sadurniño reivindica os seus dereitos

A rapazada de San Sadurniño reivindica os seus dereitos

- Anuncio -

As nenas e nenos de San Sadurniño foron onte e máis hoxe protagonistas do Día Internacional da Infancia por dous motivos. O primeiro por tratarse dunha data dedicada á reivindicación dos seus dereitos. E o segundo porque foron elas e eles quen protagonizaron as dúas accións que contaron con colaboración municipal, unha desenvolvida onte pola mañá en Lamas pola Asociación Cultural Brío e a Área de Igualdade, e a outra esta mesma mañá na escola infantil municipal.

Brío preparou en Lamas un obradoiro chamado “Pintamos os nosos dereitos” no que a Axente de Igualdade Oriana López lles leu ás crianzas o conto dos dereitos infantís dos Bolechas, co obxectivo de explicarlles ás nenas e nenos que todas teñen os mesmos dereitos que as xente adulta, ademais do dereito a recibiren educación e a medrar coa protección e os medios que garantan o seu desenvolvemento como persoas.

Para fixar ben o aprendido cos Bolechas, as pequenas e pequenos pintaron unhas bandeirolas con cada dereito, que desde hoxe decoran a entrada principal da Casa do Concello. Tamén pintaron e recurtaron unhas flores de cartolina -escritas igualmente cos dereitos infantís- que neste caso levaron para a casa.

Doutra banda, hoxe na Rolada celebraron o 20 de Novembro acolléndose á iniciativa do “Día do pixama” da Asociación Estatal de Acogimiento Familiar (ASEAF). As crianzas foron hoxe á EIM coa roupa de durmir para representar a calidez do fogar e, a partir de aí, traballar coas mestras en conceptos como o dereito da infancia á protección e, en especial, o de formar parte dunha familia.

Temas que, dada a curta idade das nenas e nenos, se lles trasladaron con contos e xogos nos que tamén se tocaron de maneira transversal outros dereitos da infancia.

Ademais, igual que fixo a rapazada de Brío, as familias e mestras da Rolada tamén pintaron mans de cores que desde hoxe enchen a galería da escola infantil.

Relacionadas

Laxe presenta a súa programación de Nadal coa Cabalgata e a Festa de Reis...

0
• As Súas Maxestades farán o tradicional desfile polas parroquias a partir das 15 horas, rematando no Pavillón Polideportivo Municipal con fogos artificiais • Ás...

Aberta a inscrición para participar na segunda San Silvestre Concello de Neda

0
A proba, pertencente ao calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, desenvolverase o domingo 31 de decembro no Roxal No marco da programación de Nadal,...

O Concello de Oleiros participa na misión do Fondo Galego aos campamentos saharauís

0
Para amosar o apoio do Concello de Oleiros á República Árabe Saharauí Democrática e denunciar a situación de abandono que segue a padecer o...

O Partido Popular alerta sobre o estado dos corpos de polícia local na Área...

0
ORGANIZA UNHA XORNADA MONOGRÁFICA O VINDEIRO LUNS, 11 DE DECEMBRO, NA SEDE DOS POPULARES DE OLEIROS QUE CONTARÁ COA PRESENZA DO EXDELEGADO DO GOBERNO...

Visita do voceiro municipal do BNG de Cabanas aos campamentos saharauís

0
Iago Varela participou da misión organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade canda representantes doutros 15 concellos. A visita permitiulles coñecer a vida nos...

O Concello de Carballo ten en contratación obras viarias por importe de 2,6 millóns...

0
Rematan o aglomerado da estrada de Bolón a Vilar de Francos e a pavimentación con cemento do acceso a Vivente O Concello de Carballo ten...

Publicacións Relacionadas