Home A Coruña A rapazada de Touro desfruta do Verán Lúdico orientado cara a diversidade...

A rapazada de Touro desfruta do Verán Lúdico orientado cara a diversidade socio-educativa e a igualdade

- Anuncio -

Esta actividade organizada polo Concello posibilita á conciliación

A rapazada de Touro, nenos e nenas entre tres e dezaseis anos, participa no Verán Lúdico 2023. É unha actividade organizada para os meses de vacacións escolares coa finalidade de facilitar a conciliación de traballo e vida familiar. O proceso de admisión de nenas e nenos estivo aberto a todas as interesadas e interesados para facilitar á veciñanza a conciliación entre familia e traballo durante as vacacións escolares.

Pola súa banda, o Verán Lúdico 2023 tamén ampliou os horarios, incluíndo un servizo de madrugadores e estendendo o peche da actividade ata as 15.00 horas. O Concello de Touro xestionou a incorporación doutra persoa que terá o cometido de atender ás nenas e nenos que participen e teñan necesidades socio-educativas especiais.

O novo goberno municipal asumirá como prioritaria a liña de traballo que facilite e potencie a conciliación e así “facer de Touro un Concello onde vivir”. Pretende desenvolver diferentes actuacións neste eido ao logo do ano co obxectivo de mellorar o benestar e a calidade de vida da veciñanza.

Entre as actividades programadas no Verán Lúdico 2023 figuran obradoiros de igualdade, animación á lectura, actividades acuáticas na Piscina Municipal de Touro e multideporte, xogos predeportivos e cooperativos e obradoiros de reciclaxe e medio ambiente.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas