Tras unha posta en común entre as administracións e os municipios que conforman a rede, incluído este concello, o colectivo comparte as solucións que Mobilidade levou a cabo nese proceso previo a limitar esta velocidade en territorio urbano
Logo dunha posta en común virtual realizada a semana pasada, a asociación Red de Ciudades que Caminan, á que está adscrita o Concello, púxoo como exemplo pola boa xestión que está levando a cabo na cidade con respecto á súa conversión a Coruña 30, antes de que a DXT implante esta velocidade de 30 Km/h como a máxima para circular en territorio urbano. O colectivo destaca que o Goberno local xa recuperou 50.000 m² de espazo público, que se pode transitar a pé, especialmente no eixe central e no bordo litoral de 12 Km lineais que ten a cidade, habilitando novos carrís para ciclistas e corredoras/es baixo a premisa de “un carril menos, unha beirarrúa máis”. Nesta reflexión en que A Coruña aparece como modelo, o concelleiro de Mobilidade, Juan Díaz Villoslada, sinalou que, ao ser
un municipio de extensión reducida, a cidade alcanza só na súa primeira coroa metropolitana os 420.000 habitantes e que isto implica a entrada de 110.000 vehículos ao día.
Aínda que ten unha longa tradición peonil, o edil explicou que é a primeira vez que se
aborda a mobilidade peonil desde unha perspectiva estratéxica, “no camiño da nova
axenda urbana destinada a cumprir os obxectivos de desenvolvemento sustentable”.
Villoslada recordou que a orixe desta nova política de mobilidade está na declaración
institucional que se aprobou durante unha sesión plenaria e na creación dunha mesa
Nota de Prensa
con dez grupos de traballos específicos aos que están vinculadas máis de 100
persoas. Pertencen ás distintas administracións, colexios profesionais, asociacións de
comerciantes, veciñais e outras entidades como as que agrupan a ciclistas,
patinadores, “rollers” ou as relacionadas coa loxística da última milla. Neste sentido,
afirma que a pandemia acelerou o proceso en que se reduciu a 30 km/h a velocidade
no 90% das vías urbanas e que se peonalizou San Andrés, unha das principias rúas
da Coruña, durante as fins de semana. Desta experiencia, Villoslada indicou que se
rexistraron menos resistencias das esperadas e que recibiron o apoio do comercio.
A intención do Goberno de Inés Rey é tratar de combinar as accións de pedagoxía
social coas coercitivas e co redeseño dos espazos urbanos para reducir a velocidade.
Con esa idea, Mobilidade marca como obxectivos cuestións como optimizar o sistema
de carga e descarga e mellorar as contornas escolares e a accesibilidade, sobre todo
pensando na poboación maior.