Home A Coruña A Reserva de Biosfera elabora un estudo de mercado para impulsar a...

A Reserva de Biosfera elabora un estudo de mercado para impulsar a concesión da súa “Rede Eco da Biosfera”, con puntos de recarga nos seus 17 municipios

- Anuncio -

• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas elaborou un estudo de mercado para a creación no territorio dunha rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos. O documento mostra a situación actual da infraestrutura e as liñas para seguir para levar a cabo a iniciativa.

O presidente, José Antonio Santiso, explica que coa análise, a Reserva pretende conseguir un modelo sostible e eficaz para que a rede funcione e sirva no seu obxectivo último de promover “un transporte máis sostible”. Ademais, apunta que será un atractivo para que o visitante poida realizar “un turismo neutro en carbono real”

Coa creación desta “Rede Eco da Biosfera”, a entidade aposta por unha infraestrutura de recarga para vehículos eléctricos, inclusiva e accesible, onde se garanta a orixe 100% renovable da enerxía. Neste modelo, exponse unha futura concesionaria da rede, que achegará anualmente financiamento en proxectos de compensación da pegada de carbono, mellora da biodiversidade e desenvolvemento rural.

A situación actual da mobilidade eléctrica no territorio indica que está a avanzar por varias iniciativas de entidades privadas situadas en centros comerciais e gasolineiras das principais vías de comunicación da provincia.

Hai un total de 28 puntos de recarga en funcionamento nos 17 concellos de Mariñas Coruñesas, cun total de 84 enchufes. Oleiros, con 11 puntos e Culleredo con 6, son os que contan con maior número. Moitos dos municipios máis rurais non contan con puntos, como é o caso de Aranga, Curtis, Irixoa, Oza-Cesuras, Paderne ou Sobrado.
Así, a Reserva quere fomentar a infraestrutura de recarga de vehículo eléctrico no rural e potenciar a rede existente do resto de concellos da comarca. En moitos termos municipais será o seu primeiro punto ou o segundo, o que demostra que o plan apontoará a cohesión territorial.
Froito da análise efectuada sobre a tipoloxía de usuarios e o avance do mercado, Mariñas Coruñesas promoverá a instalación de 23 cargadores para 46 prazas de aparcamentos nos 17 municipios que a compoñen.

Tras a instalación, realizarase a xestión integral do punto de recarga a través dunha empresa concesionaria, durante un período de concesión de 10 anos. Dita concesión realizarase a través dun procedemento aberto de licitación pública, promovido desde a Reserva, para o conxunto de puntos de recarga que conforman a “Rede Eco da Biosfera”

O orzamento estímase en 392.316,18 euros para a totalidade dos 23 puntos, pero a licitación, que se publicará nos próximos días, sairá por menor importe dado que a Reserva destina 180.000 euros do seu Plan, dos que parte se dedicaron aos proxectos técnicos que xa se atopan redactados. A Reserva tamén tramitou os permisos sectoriais precisos.
Con obxectivo de facer atractiva a viabilidade dos proxectos a 10 anos, exponse a posibilidade que se poida aumentar a potencia do punto de recarga naquelas localizacións que a empresa concesionaria interéselle.

O estudo expón tamén os diferentes programas de axudas para a instalación do sistema, dentro do plan de descarbonización da economía da UE para 2030. Establécense as diferentes opcións de identificación para acceder a recárgaa, a xestión do cobro etc.
Trátase dunha acción enmarcada no Plan de Sustentabilidade Turística da entidade, que conta con financiamento dos fondos Next Generation.

Relacionadas

Incendio nun domicilio abandonado na rúa Bordel, no concello de Padrón

0
Os bombeiros do parque Provincial de Boiro participaron ao redor das 15:00 horas desta tarde nun operativo dirixido a sufocar un lume orixinado nunha...

“FolkXove”: os Orzamentos Participativos achegan a mocidade á cultura tradicional

0
O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo sábado, 23 de novembro, a xornada “FolkXove”, unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos da área...

Semana europea da prevención dos residuos

0
Arrancan nos colexios de Neda as charlas de reciclaxe con motivo da celebración da Semana europea da prevencións dos residuos. O CEIP de Maciñeira...

O Coworking da Pobra recibe a visita de alumado do IES Espiñeira

0
Nova xornada de encontro no Coworking da Pobra con alumnado de centros educativos. Catorce estudantes do ciclo medio de Instalacións de Telecomunicacións do IES...

O programa socioeducativo Espazo nas Escolas chega por terceiro ano consecutivo aos centros públicos...

0
Por terceiro ano consecutivo, o Concello da Pobra do Caramiñal pon en marcha o servizo Espazo nas Escolas coa colaboración da Asociación Socieducativa Antonio...

Diana Cabanas reafirma o “compromiso co talento feminino” do Goberno de Inés Rey

0
A concelleira participou na xornada polo Día Internacional da Muller Emprendedora organizado pola Fundación Mujeres no centro Accede Papagaio A concelleira de Emprego, Comercio e...

Publicacións Relacionadas