Home A Coruña A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da...

A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da Biosfera”, con puntos de recarga para vehículos nos seus 17 municipios

- Anuncio -

• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial

A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas saca a licitación a instalación, mantemento e explotación dunha rede de puntos de recarga eléctrica nos seus 17 municipios. Froito da análise efectuada sobre a tipoloxía de usuarios e o avance do mercado, a entidade impulsa a instalación de 23 cargadores para 46 prazas de aparcamento, tendo en cuenta en todas elas prazas con dimensións para persoas con mobilidade reducida.

Así, a Reserva quere fomentar a infraestrutura de recarga de vehículo eléctrico no rural e potenciar a rede existente do resto de concellos da comarca. En moitos termos municipais será o seu primeiro punto ou o segundo, o que demostra que o plan apontoará a cohesión territorial.
O contrato estrutúrase en dúas fases. A primeira consistirá na instalación e posta en marcha da infraestrutura, cun prazo marcado para o seu pleno funcionamento do 1 de decembro de 2025. A segunda fase consistirá nos trámites necesarios para a concesión da xestión, explotación e mantemento da rede.

A futura adxudicataria da “Rede Eco da Biosfera” terá que compensar en cada anualidade en proxectos de impacto positivo para o territorio das Mariñas. Serán accións para a compensación da pegada de carbono, de recuperación e mellora ambiental, ou de desenvolvemento rural, incluídas dentro da bolsa de proxectos elaborada pola Reserva nos seus 17 concellos. En función do investimento que comprometan as empresas, obterán máis puntos na licitación.

Coa creación desta “Rede Eco da Biosfera”, a entidade aposta por unha infraestrutura de recarga para vehículos eléctricos, inclusiva e accesible, onde se garanta a orixe 100% renovable da enerxía. Valorarase a achega, por parte das empresas interesados, do “Certificado de Garantía de Orixe” que acredite e garanta que a enerxía fornecida na rede de recarga procede de fontes 100% renovables, como contribución ao proceso de descarbonización.

O orzamento de licitación ascende a 155.699,99 euros. A futura concesión licitarase por un período de 10 anos.

O presidente, José Antonio Santiso, explica que a Reserva defende “un transporte máis sostible” acorde cos seus valores. Ademais, apunta que será un atractivo para que o visitante poida realizar “un turismo neutro en carbono real” dentro da aposta por un turismo diferente.
Trátase dunha acción enmarcada no Plan de Sustentabilidade Turística da entidade, que conta con financiamento dos fondos Next Generation.

Relacionadas

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do...

0
O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade,...

Últimos días para anotarse nas actividades de conciliación do Concello de Brión

0
O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con...

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

O consumo do alumeado público suporá este ano un gasto de 1,5 millóns de...

0
A corporación municipal aprobará no pleno do luns o suplemento de crédito necesario para facer fronte ao incremento do prezo da luz O Concello de...

Publicacións Relacionadas