Home A Coruña A revista Foro Galicia e Valle-Inclán presentouse ao público pobrense

A revista Foro Galicia e Valle-Inclán presentouse ao público pobrense

- Anuncio -

O Foro Galicia e Valle-Inclán levou á Pobra do Caramiñal a segunda das actividades dentro do programa de actos para esta semana de novembro. Na tarde do xoves 21, o auditorio da biblioteca municipal Victoriano García Martí foi escenario da presentación da revista de estudos sobre Valle-Inclán, Ano I, nº 1, con traballos de investigación de Herminio Valdecañas, Víctor Viana e Xaquín del Valle-Inclán; unha edición bilingüe, en galego e castelán, con Rocío Viéitez Ferro como encargada da tradución.

Este número contou co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal, representado na cita literaria polo alcalde, José Carlos Vidal, e pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, acompañando ao presidente do dito foro, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, e ao secretario da entidade e director do Museo Valle-Inclán pobrense, Antonio González.

Trátase dun proxecto literario de divulgación con rigorosidade académica que apoia a Administración local para seguir divulgando sobre a biografía e obra do autor. Neste senso, o Concello converteu recentemente o anterior auditorio, anexo á Torre de Bermúdez, en sala de exposición e centro de investigación. A maiores, reformulouse a coñecida como sala de Iconografía Contemporánea. Tanto o rexedor como a edil referíronse ao neto e investigador como protector da institución museística pobrense pola cesión de bens e continua colaboración. Quixeron agradecer tamén a elección da Pobra como localidade para a estrea desta publicación e trasladaron o respaldo a sucesivas iniciativas que sigan poñendo en valor o ronsel valleinclaniano.

O público asistente recibiu como agasallo cadanseu exemplar da revista de maneira gratuíta, se ben a partir de agora estará á venda.

Xa no martes 19 tivo lugar unha homenaxe cívica á memoria de Josefina Blanco Tejerina e Joaquín del Valle-Blanco, muller e fillo do literato, no cemiterio de Santa Mariña de Dozo, en Cambados.

Relacionadas

Máis de 250 nenos e nenas de Boqueixón participan este luns nunha andaina polo...

0
Algo máis de 250 nenos e nenas participarán este luns 25 de novembro, a partir das 12:00 horas, nunha andaina polo 25N organizada polo...

O Concello de Frades conmemorará o 25N cunha escape room sobre violencia de xénero...

0
O Concello de Frades conmemorará este luns 25 de novembro o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller cunha dobre actividade....

Brión conmemorará o 25N cunha actuación de Teatro das Maniotas, conformado por alumnado do...

0
O Concello de Brión conmemorará o Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero cun acto institucional no que a concelleira de Igualdade,...

Últimos días para anotarse nas actividades de conciliación do Concello de Brión

0
O Concello de Brión convoca 50 prazas nas súas actividades de conciliación de Nadal 2024-2025, dirixidas a familias con menores a cargo e con...

A Reserva de Biosfera licita a execución da súa “Rede Eco da Biosfera”, con...

0
• A iniciativa permitirá que concellos estreen esta infraestrutura fomentando a cohesión territorial A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas saca a licitación a instalación, mantemento...

O tempos viquingos desembarcan na Pobra en formato de ficción literaria con El tallista...

0
A esencia viquinga desembarcou novamente na Pobra do Caramiñal coa presentación do libro El tallista de runas, de Eduardo Romero Rueda, Nesta obra de...

Publicacións Relacionadas