Home A Coruña A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visita as obras de mellora...

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visita as obras de mellora de viarios no polígono Camporrapado de Boqueixón

- Anuncio -

A Xunta impulsa 19 proxectos de mellora de parques empresariais da provincia da Coruña que mobilizan 2 millóns de euros

A secretaria xeral de Industria, Paula Uría, visitou esta mañá o parque empresarial Camporrapado (Boqueixón) con motivo da actuación de mellora das infraestruturas viarias levada a cabo co apoio da Xunta de Galicia. En concreto, a Administración galega achegou 120.000 euros (o 80%) para un proxecto no que se investiron 150.000 euros.

Paula Uría estivo acompañada na súa visita polo alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, e polo concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Iglesias Gómez, así como por técnicos da empresa adxudicataria das obras. Uns traballos que incluíron a mellora dos viarios perimetrais do polígono empresarial e que dan acceso ás empresas nel afincadas.

Así, procedeuse á limpeza das marxes e á reapertura das cunetas existentes, que foron canalizadas para mellorar a seguridade viaria na contorna grazas á construción dunha cuneta transitable con 20 centímetros de zahorra, cos seus correspondentes sumidoiros e arquetas. A maiores melloráronse os viarios cunha nova capa de 6 centímetros de aglomerado, previo fresado nos entronques coa AC-960, A Susana-Vila de Cruces, para non sobreelevar a rasante nos accesos. O proxecto incluíu tamén a preconexión á rede de saneamento municipal das propiedades anexas ás estradas, así como o pintado da súa sinalización horizontal.

Concellos emprendedores

Paula Uría explicou que o de Boqueixón foi un dos 42 proxectos apoiados en Galicia para a mellora de infraestruturas en parques empresariais. En concreto, na provincia da Coruña concedéronse 19 axudas a concellos emprendedores, como Boqueixón, que supuxeron un investimento total de 2 millóns de euros.

A actuación enmárcase no obxectivo da Xunta de mellorar e crear novas infraestruturas sostibles nas áreas industriais e impulsar a atracción de novos investimentos. Así, a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación ofrece axudas tanto para este tipo de actuacións como para ampliar a rede de viveiros industriais e reforzar as infraestruturas enerxéticas. Tal e como avanzou a secretaria xeral, estes apoios contarán cun orzamento de 6,1 millóns de euros en 2023.

Para a vindeira convocatoria destinada á mellora de infraestruturas, que se está a tramitar de xeito anticipado para poder activar estas axudas e poñelas á disposición dos concellos a primeiros de ano, apoiaranse plantas de depuración de augas, proxectos de xestión de residuos, infraestruturas viarias interiores, instalacións de sistemas de seguridade, vixilancia e contraincendios, así como servizos centralizados de subministración de gas e/ou hidroxeno renovable, e obterán un 11% máis de puntuación aqueles proxectos que se implanten en concellos emprendedores.

Relacionadas

Inés Rey, na celebración do ascenso do Dépor ABANCA: “Hoxe o orgullo da Coruña...

0
A alcaldesa recibiu ao equipo en María Pita, onde a afección celebrou o triunfo desde a praza A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu esta...

Cores suma seis novas liñas de autobús e nove servizos de luns a venres,...

0
 A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade incorporou a parada nesta parroquia, que tamén contará con tres servizos os sábados e cinco domingos e...

Charlín lamenta que a oposición trate de enganar á veciñanza e sinala que as...

0
• O alcalde laxense lamentou as acusacións vertidas desde o BNG de maneira “completamente inxustificada, sen probas e con datos falsos e desactualizados” • “Os...

As brigadas medioambientais municipais actúan no Castro de Montes Claros

0
Nos espazos que foron obxecto de escavacións intervirase baixo supervisión arqueolóxica. O Concello continúa levando a cabo actuacións que teñen por obxectivo conservar e poñer...

O Concello comeza este mércores os traballos de mellora dun camiño rural en Brañas...

0
· Por mor das obras, permanecerá cortada ao tráfico rodado a vía que une a Grela con Tasaraño. O Concello de Camariñas dará comezo este...

Concerto da arxentina Guada o sábado na Fábrica

0
O Festival Elas son Artistas chega este sábado a Oleiros cun concerto da artista arxentina Guada, no centro cultural A Fábrica, ás 20:30 horas....

Publicacións Relacionadas