HomeA CoruñaA señora Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras recibiu a felicitación do alcalde polo...

A señora Josefa Esperanza Vázquez Castiñeiras recibiu a felicitación do alcalde polo seu 101 aniversario

- Anuncio -spot_img

É a quinta persoa máis veterana entre as preto de doce mil que están empadroadas no termo municipal da Laracha.

A quinta persoa máis veterana entre as case doce mil que residen no termo municipal da Laracha cumpriu nesta semana os 101 anos de idade.

A señora Josefa Esperanza Vázquez Castiñeira, coñecida como Pepa, é natural de Paiosaco. Naceu o 21 de outubro de 1924 e aínda reside nesa localidade, actualmente na rúa Porta Santa xunto ás súas fillas. O seu estado de saúde, e tamén a súa mobilidade, son excelentes para a idade que ten.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López, felicitaron a Josefa Esperanza na súa propia vivenda e agasallárona cunha placa conmemorativa en nome da Corporación municipal, ao tempo que lle desexaron moitos máis anos de vida. Ademais da homenaxeada, os representantes do Concello foron recibidos por unha das súas fillas, Elena de Rama, e o seu xenro José María.

Publicacións Relacionadas