Home A Coruña A sexta Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller reúne a...

A sexta Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller reúne a preto dun cento de persoas en Boqueixón

- Anuncio -

A exposición de retratos de mulleres da ilustradora Rosa de Cabanas poderá visitarse na casa do concello ata finais de mes

“Tratar de sensibilizar á poboación en xeral porque se leva feito moito camiño pero queda aínda moito por facer. E con traballo e xornadas como estas iremos facendo ese camiño tan necesario”. Así resumía o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, o obxectivo da VI Xornada de Sensibilización en Violencia contra a Muller, que reuniu a preto dun cento de veciños e veciñas na Casa da Cultura de Camporrapado na tarde deste sábado.

Unha actividade organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) de Boqueixón en colaboración co Ministerio de Igualdade e ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Precisamente a directora do CIM, Cristina Carbajales, acompañou ao alcalde na inauguración dunha xornada que busca “dar voz ás mulleres, ás sobreviventes, ás heroínas”.

Mulleres valentes

Neste sentido, a directora do CIM deulle a palabra a Rosa de Cabanas, quen presentou o seu proxecto “Mulleres valentes”. A estradense explicou que a iniciativa xurdiu como consecuencia dun reto persoal de Rosa de Cabanas iniciado en xaneiro de 2021 e que consistía no compromiso de publicar un debuxo cada semana durante un ano, coa intención de explorar técnicas gráficas e saír do estilo máis coñecido da ilustradora estradense.

O que comezou cun retrato de Xela Arias converteuse nun proxecto de busca e divulgación de mulleres activas en moitos ámbitos e, na súa maior parte, descoñecidas para o público en xeral. “Foron 52 pero poderían ter sido moitas máis”, apuntou Rosa de Cabanas, quen sinalou que utilizou a técnica da acuarela “coa intento expresar moito en pouco”. Científicas, escritoras, xornalistas, artistas de distintas disciplinas, activistas represaliadas, mulleres traballadoras… conforman esta exposición artística composta por vinte retratos e que pode visitarse ata finais de mes na Casa do Concello de Boqueixón.


Yolanda Neira, psicóloga do CIM, presentou un novo testemuño dunha muller sobrevivente de violencia de xénero, nesta ocasión María del Mar Álvarez Baamonde, veciña de Arteixo, quen compartiu a súa historia co público presente, que lle trasladaron tanto mensaxes de apoio como preguntas sobre a súa situación. “Unha experiencia liberadora”, como recoñeceu Yolanda Neira.

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, Ángela Conde Leis, agradeceu o traballo realizado dende o CIM de Boqueixón, así como a participación das poñentes e do público asistente antes de dar paso a Bea Rodríguez e Marina Vidal, da Asociación Banda Musical de Ponteledesma, quen estiveron amenizando a velada musicalmente.

Relacionadas

Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers, empresas gañadoras da XXV edición dos Premios Manuel...

0
Ela Diz, Toxo Telecom e Chichalovers foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou...

A viaxe a Eurodisney da campaña comercial de novembro da Pobra xa ten gañadora

0
A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de...

A Xunta de Goberno Local inicia os procedementos para a contratación de obras por...

0
Adxudicado por 44.724 euros o contrato de reposición das butacas do auditorio do Pazo da Cultura A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria...

O executivo municipal destinará case 380.000 euros á reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
O executivo municipal deu luz verde á aprobación do expediente de contratación das obras de reparación da cuberta do pavillón municipal do CEIP Quiroga...

O Concello de Fene retira as copas de varias palmeiras afectadas pola praga do...

0
Os traballos, realizados polo persoal municipal, afectaron a exemplares situados en diversos puntos do concello, como San Valentín ou Chamoso O Concello de Fene continúa...

Brión acollerá unha exposición solidaria con dous artistas dos Encontros da Arte que perderon...

0
José Galarzo e María Carmen Martínez, que impartiron obradoiros de acuarela e cerámica á rapazada de Brión, perderon o seu estudo emprazado en Paiporta O...

Publicacións Relacionadas