Home A Coruña A terceira edición de ‘Aprende a través del Surfing’ arrinca en Camariñas...

A terceira edición de ‘Aprende a través del Surfing’ arrinca en Camariñas con 138 alumnos de tres institutos

- Anuncio -

· A formación deportivo-educativa busca que os participantes melloren a relación consigo mesmo, co resto de persoas e coa contorna natural a través do surf.

‘Aprende a través del Surfing’, unha formación deportivo-educativa impulsada polo Concello e impartida por Ubuntulife, arrinca a súa terceira edición en Camariñas. O pasado martes comezaron as primeiras sesións na praia de Arou, que remantarán un vindeiro 20 de xuño despois de traballar con 138 alumnos de tres institutos do municipio.

A maiores do CEIP O Areal e o CEIP Ponte do Porto, este ano súmase un grupo de Primeiro da ESO do IES Pedra da Guía. Ademais, aos areais de Camariñas tamén acudirán alumnos de Vimianzo e de Zas para disfrutar desta formación que federa aos participantes a través do programa Xogade da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Surf.

Esta semana é o turno para os estudantes do CEIP O Areal. O 23, 24 e 25 de maio serán as clases na praia para os alumnos do CEIP Ponte do Porto. E o 19 ou 20 de xuño pecharán a formación os rapaces e rapazas do IES Pedra Aguia.

O proxecto educativo traballa co alumnado desde tres obxectivos principais: mellorar a relación da persoa consigo mesma, mellorar a relación do individuo cos demais e mellorar a relación dos participantes coa contorna natural. Todo isto a través do surf, xa que se busca xerar seguridade, cultura acuática e axudar a valorizar e protexer ás ondas.

O Concello de Camariñas cubre o custo da actividade, que conta cun orzamento que vai de xeito íntegro á escola de surfing e se tramita a través da Federación Española de Surfing. Os custes inclúen seguro, monitorado, materiais, plataforma en liña, actividades vivenciais no centro formativo e ‘bautismos’ de surfing na praia. Mentres, o colexio aporta os custos de transporte.

O proxecto cumpre o seu terceiro ano en Camariñas e no curso pasado chegou a 1.300 estudantes en Galicia e 4.000 sumando os participantes de Andalucía, Asturias, Murcia e Baleares. Ademais, está apoiado pola Deputación da Coruña, pola Xunta de Galicia e por entidades privadas como Ecovidrio e MSC Pesca Sostenible.

Relacionadas

Tres creadoras coruñesas, protagonistas da actividade central do Concello polo Día do Libro

0
Bibiana Candia, Lucía Cobo e María Reimóndez achegaron as súas experiencias sobre a construcción literaria na mesa redonda “A Coruña, cidade de libro” Preto de...

O Concello de Neda premia un ano máis aos mellores lectores e lectoras da...

0
A Biblioteca municipal de Neda celebra o Día Internacional do Libro distinguindo, como vén sendo habitual, aos socios e socias que destacan pola cantidade...

‘Rostros que fan cidade’ poderá verse durante ata o 12 de maio no Pazo...

0
• A través de 40 retratos e confesións sobre a importancia dunha contorna inclusiva #ante a soidade non desexada, o proxecto CRECE fai unha...

O alumnado da Escola Infantil “A Galiña Azul” celebrou o Día do Libro na...

0
A iniciativa enmárcase no programa municipal do Mes do Libro. Na data na que se celebra o Día Internacional do Libro, esta mañá máis de...

As bibliotecas de Carballo acadaron o ano pasado os 22.309 préstamos e gañaron 679...

0
Coincidindo co Día do Libro presentamos os tres servizos que dependen da área de Bibliotecas e Arquivos cun vídeo protagonizado polo persoal que os...

Suplantan ao Concello para intentar enganar ás persoas maiores cunha reunión que non existe

0
O Concello de Oleiros quere informar que non convocou ningunha reunión para as persoas usuarias do Servizo de Axuda no Fogar. Non existe tal...

Publicacións Relacionadas