Home A Coruña A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o...

A terceira edición do Norte Cinema Diverso terá como eixo central o colectivo trans

- Anuncio -

O festival proxectará no Teatro Colón un total de tres longametraxes e catorce curtametraxes entre o 20 e o 22 de febreiro

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá a terceira edición do festival cinematográfico Norte Cinema Diverso, que se celebrará do xoves 20 ao sábado 22 de febreiro no Teatro Colón. “Este é máis cun festival de cine, é unha plataforma que serve para darlle visibilidade e resonancia a historias que desafían prexuizos, cuestionan normas e reflicte a multiplicidade do colectivo”, sinalou Castro.

Un ano máis, a organización formada por Fernando Cayazzo e Fito Ferreiro programou unha coidada selección de películas e curtametraxes, que “permite reivindicar o cine como ferramenta de transformación, compromiso e inclusión”, tal e como indicou o edil. Este ano farase fincapé no colectivo trans. Ademais, Norte Cinema Diverso volverá a contar coa súa sección NCD Educa, unha iniciativa para levar o cine LGTBIQ+ por distintos institutos da cidade para xerar debate e reflexión na comunidade escolar. Este ano, desde principios de xaneiro ata a véspera do festival, NCD Educa chega a sete centros da Coruña, tres máis co ano pasado.

Outra ferramenta de visibilización e de búsqueda de audiencias máis amplas e comprometidas é o obradoiro de cine con móbil. Este proxecto comezou en novembro e estes días están a rematar a montaxe da curtametraxe, que se poderá ver no Teatro Colón na xornada do sábado. A curta titúlase ‘Ela e eu’ e está baseada nunha obra de teatro do mesmo nome, realizada por escolares do colexio Andaina, e que denuncia o acoso que sofre unha rapaza da que se sospeita que é lesbiana. Máis de 30 cativos e cativas participaron na elaboración da curtametraxe.
“Desde o Goberno de Inés Rey tratamos de introducir na nosa programación cultural mensaxes a prol da liberdade e dos dereitos de todas as persoas e estamos orgullosos decolaborar con diferentes asociacións e entidades que promoven estes valores de distinto xeito”, indicou Gonzalo Castro. A terceira edición de Norte Cinema Diverso comezará o día despois da celebración en todo o mundo do Día contra a LGTBIfobia no deporte. A curtametraxe que inaugurará o certame é a española ‘Campeones’, que denuncia o silencio e ocultación dos homosexuais no fútbol masculino. As instalacións deportivas e os campos de fútbol son un dos espazos nos que se producen máis delitos de odio relacionados coa LGTBIfobia. O deporte segue a ser un territorio hostil para o colectivo.

En total serán tres longametraxes e catorce curtametraxes, procedentes de España, Polonia, México, Francia, Portugal, Argentina, Ecuador e Galicia, representada con dúas obras. A organización anima os creadores galegos a que fagan pezas relacionadas co colectivo e usen o festival como plataforma de promoción dos seus traballos. Un xurado composto por cineastas e xornalistas elixirán a curta gañadora do premio Trini Falcés. Deste xeito, Norte Cinema Diverso reivindica o legado desta muller trans coruñesa que encabezou en 1977 a primeira manifestación do Orgullo en España, celebrada en Barcelona.

Fóra de concurso, proxectarase a curtametraxe ‘Memoria LGTBIQ+’, realizada pola asociación Palestra e producida polo Concello da Coruña. Trátase dunha iniciativa que quere recuperar e reivindicar a memoria do colectivo, un pasado de represión, para construír o noso futuro nunha sociedade libre e diversa. Na súa idea de seguir medrando e de despregarse fóra dos límites da Coruña, o primeiro festival de cine LGTBIQ+ de Galicia, en colaboración co Concello de Santa Comba, celebrará o sábado 8 de febreiro unha xornada de cine e debate, que incluirá a proxección da película ‘Te estoy amando locamente’ e un coloquio posterior coa participación dos codirectores do certame, Fernando Cayazzo e Fito Ferreiro. Así mesmo, o NCD Educa xa pasou por institutos de Oleiros, Arteixo y Cambre.

Relacionadas

O BNG critica que a Xunta devolva 22M€ de fondos da UE cos que...

0
Ariadna Fernández acusa o PP de preferir que Europa lles dea cartos para pagar as prazas nas privadas no canto de aumentar a rede...

O 4 de febreiro dará comezo a III Liga de Pádel de Carral

0
En total disputaranse máis de 80 partidos entre febreiro e xuño de 2025.O obxectivo do torneo é fomentar a práctica lúdico-deportiva de toda a...

Belén do Campo supervisa a zona na que se van a executará nas novas sendas...

0
A delegada da Xunta informou que a previsión é aprobar o proxecto a mediados deste ano para posteriormente licitar a obra Estes itinerarios, que se...

Fene avanza na creación dun espazo museístico na Escola Unitaria de Sillobre

0
O proxecto busca preservar a memoria e o patrimonio cultural da parroquia e da contorna rural fenesa A iniciativa, impulsada por Ferrolterra Antiga e a...

O Concello de Ribeira reforza as axudas ás ANPAs e incorpora unha nova liña...

0
O Concello de Ribeira publicou as subvencións destinadas ás Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (ANPAs). Como principal novidade, este ano increméntase a...

Poda de kiwis e de árbores froiteiras, enxertos e construción de trampas para a...

0
 O ciclo de obradoiros conforma a Campaña de Sensibilización Ambiental do municipio neste 2025  As inscricións poden concretarse a través do mail correo@concellodepaderne.com...

Publicacións Relacionadas