HomeA CoruñaA UNED Sénior de Coruña iniciou esta mañá o curso cun encontro...

A UNED Sénior de Coruña iniciou esta mañá o curso cun encontro Cultural en Paderne

- Anuncio -spot_img

A UNED Sénior de Coruña iniciou esta mañá o curso cun encontro Cultural en Paderne, coa presenza do alcalde, Sergio Platas, da concelleira María Luisa Abrodos e con motivo do comezo do curso tras as vacacións de Nadal.

Ao redor dun cento de maiores participaron nesta xornada de convivencia, que combinou actividades culturais e sociais. O programa incluíu música en directo, cantos populares e a entrega de diplomas do curso anterior ás persoas que non puideran recollelos.

O acto estivo coordinado polo responsable da UNED Sénior da Coruña, Luis Ángel Rodríguez Patiño, e a entrega dos distintivos correu a cargo do rexedor pardernés e a edila de Servizos Sociais.

A xornada rematou con diversas actuacións musicais, protagonizadas por grupos de gaitas, acordeóns e outros instrumentos, baixo a dirección do titor de música da entidade, Francisco Cupeiro, quen tamén é director de varias escolas de música.

Publicacións Relacionadas