A veciña de artes Rosa Crujeiras será a pregoeira das festas do verán de Ribeira

Redacción

O acto terá lugar no 29 de xullo, ás 21.30 horas, dende a praza do Concello

O Concello de Ribeira elixiu a Rosa Crujeiras, veciña de Artes e primeira reitora da Universidade de Santiago de Compostela, como pregoeira das festas de verán da cidade. O acto terá lugar no mércores, 29 de xullo, ás 21.30 horas, dende a praza do Concello.

A alcaldesa, María Sampedro, destaca que Crujeiras converteuse na primeira muller en lograr o posto de reitora nos 531 anos de historia da institución educativa; un “verdadeiro orgullo para o noso municipio, que non só entendemos coma un mérito individual senón coma o éxito colectivo dunha ribeirense que con esforzo, traballo e dedicación, desde os seus inicios no colexio da súa parroquia, chegou a ser a primeira muller en liderar a institución educativa máis importante da nosa comunidade.”

Comparte este artigo