Alternativa insistiu no pleno na denuncia polo estado do paseo que percorre o Río de Trabe, atopase nun estado lamentabe.
Á petición da veciñanza, Alternativa demandou actuacións de mantemento e limpeza para o paseo, reiterando unha denuncia que os grupos da oposición levan realizando desde hai anos.
O goberno local leva anos sen dar a atención necesaria a este espazo natural, que conecta dous dos principais núcleos urbanos do municipio. Como consecuencia, o paseo presenta signos evidentes de abandono pola falta de mantemento e limpeza.
Entre os problemas que se denuncian está a suciedade, o muiño vandalizados, tubaxes ao descuberto e mantementos “parche”. Situación que tamén se extendía á Sagrada Familia, a pesar de que actualmente se está a executar unha intervención que Alternativa seguirá de preto.
Pola súa parte, o goberno municipal avanzou que se está a traballar nun plan que inclúe a rehabilitación do paseo para optar á unha subvención da Rede para a Biodiversidade. Tamén confirmou a elaboración dunha memoria técnica para a retirada e substitución de árbores moi deterioriadas e reparación ou renovación do mobiliario urbano, actuacións que prevé iniciar a comezos da primavera.



