• Poderán adquirirse de xeito presencial na OAC da Casa do Concello ou online a través de ataquilla.com
A Concellería de Cultura do Concello de Ribeira informa de que a venda de entradas para os espectáculos de Carlos Blanco e Mago Orbit abrirá o vindeiro luns 2 de marzo ás 09:00 horas.
As entradas poderán adquirirse de xeito presencial na OAC da Casa do Concello ou a través da plataforma online ataquilla.com.
O xoves 8 de maio ás 20:30 horas o público poderá desfrutar do espectáculo “A penúltima”, de Carlos Blanco, producido por Condetrespés coa colaboración da Concellería de Cultura de Ribeira. Carlos Blanco é un dos humoristas máis recoñecidos da escena galega e nacional. En “A penúltima” presenta un monólogo cómico de aproximadamente 70 minutos no que combina material novo e clásico, garantindo risas e unha conexión directa co público. O espectáculo está recomendado para maiores de 16 anos.
O prezo da entrada será de 14 € máis gastos de xestión.
Pola súa banda, o venres 9 de maio ás 21:00 horas será a quenda do espectáculo “Acero 2.0”, do Mago Orbit, producido por A Cantaruxa coa colaboración da Concellería de Cultura.
Trátase dun show de alto impacto que combina grandes ilusións, tecnoloxía avanzada de luces e son e unha posta en escena ao estilo Las Vegas, ofrecendo unha experiencia máxica única para espectadores de todas as idades. Está recomendado para todos os públicos, especialmente a partir dos 3 anos.
O prezo da entrada será de 28 € máis gastos de xestión.
Con estas propostas, Ribeira continúa reforzando a súa programación cultural con espectáculos de primeiro nivel, apostando por unha oferta diversa que abrangue humor e maxia para públicos de diferentes idades.



