lternativa dos Veciños non está disposta a participar en ningunha moción de censura. Cambre xa está unha situación lamentable tras anos de mala xestión que levaron ao caos actual non precisa máis inestabilide.
O grupo se mantén ao marxe destas manobras políticas e a súa prioridade é o apoio a aquelas medidas necesarias para que o Concello funcione: pagar o que se debe a empresas, asociacións e persoal municipal, sacar adiante obras pendentes e garantir os servizos municipais.
Se os grupos do BNG, PSOE ou UXC queren pesentar unha moción, que o fagan, pero que deixen de enganar á veciñanza, sinalan dende o grupo, que lembra que estes grupos xa estiveron gobernando e contan coa maioría necesaria para facelo se así o consideran. Neste sentido pregúntase por que, despois de ter dous alcaldes nesta lexislatura e tras abadonar a alcaldía, se volve falar agora dunha moción de censura. UXC xa deixou a alcaldía en mans do PP que quere gobernar, aínda que son unha minoría para facelo.
“Estamos en Cambre para construír, non para seguir arruinando o pobo. Que non se fale de nós cando se fala de moción de censura, porque nós non imos apoiar ningunha”, conclúen dende Alternativa.



