A campaña comercial de novembro na Pobra do Caramiñal chegou ao seu fin co sorteo da viaxe a Eurodisney na mañá deste 2 de decembro. A agraciada foi Charo Vázquez, quen porá rumbo a este anaco de Francia cheo de maxia xunto con outras tres persoas.
Un total de 50 comercios participaron nesta campaña que se desenvolveu do 9 ao 30 de novembro, con heteroxeneidade de establecementos: salóns de peiteado, tendas de roupa, alimentación, servizos…
“Quixemos poñer en marcha esta iniciativa coa que dinamiza-la economía da nosa localidade nunha época de menor fluxo como é o mes de novembro. E, como antesala á época do Nadal, decidimos sortear unha viaxe a Eurodisney entre as compras durante esas datas co afán de animar a mercar na Pobra”, declarou a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.