HomeA CoruñaA viaxe cultural a Portugal reúne a 42 veciños nunha experiencia de...

A viaxe cultural a Portugal reúne a 42 veciños nunha experiencia de convivencia e lecer

- Anuncio -spot_img

Hoxe están percorrendo Lisboa e nas xornadas previas visitaron Fátima, Sintra, Cascais e Estoril.

42 veciños da Laracha participan esta semana na excursión cultural a Portugal organizada polo Concello, iniciativa dirixida ao colectivo das persoas maiores de 55 anos, xubiladas ou pensionistas.

A expedición está acompañada polo alcalde, José Manuel López Varela, e pola concelleira de Servizos Sociais, Rocío López, que comparten co grupo esta experiencia.

Na xornada de hoxe atópanse en Lisboa, onde están a percorrer cun guía os lugares máis emblemáticos da capital portuguesa, coñecendo de primeira man a riqueza histórica e cultural da cidade. Un dos puntos que visitaron foi a Torre de Belém.

Nos días previos pasaron por Fátima -localidade na que están aloxados-, cunha parada destacada no seu santuario; Sintra, onde puideron achegarse ao seu patrimonio monumental; e as localidades costeiras de Cascais e Estoril, desfrutando do seu ambiente mariñeiro e do atractivo das súas paisaxes atlánticas.

O programa da viaxe completarase nos vindeiros días con novas visitas a enclaves de gran interese como Óbidos, coa súa característica vila medieval amurallada; Nazaré, recoñecida pola súa tradición mariñeira e polos seus impresionantes miradoiros; e Aveiro, coñecida polos seus canais e pola súa singular identidade paisaxística.

A excursión enmárcase na aposta do Concello por ofrecer á veciñanza propostas culturais e de lecer que non só permiten descubrir novos destinos, senón tamén crear espazos de convivencia, reforzar vínculos persoais e contribuír a previr situacións de illamento social, especialmente entre as persoas maiores.

Publicacións Relacionadas