A visita dos Reis Magos á Pobra concentrarase no polideportivo municipal de Venecia

adminON
Lectura mínima de 1

A mala previsión meteorolóxica para o 5 de xaneiro obriga a facer cambios na visita de Melchor, Gaspar e Baltasar á Pobra do Caramiñal.

Isto supón a cancelación do percorrido polos lugares e parroquias en vehículos descubertos, que estaba previsto en quenda de mañá, e afecta tamén a que a cabalgata da tarde se desenvolva a cuberto no polideportivo municipal de Venecia.

Tras sauda-las persoas maiores da residencia, os Reis Magos chegarán á instalación deportiva municipal ás 17.30 horas. Alí estarán acompañados de Trécola, Compañía Pablo Méndez e Barafunda Animación, que animarán o ambiente.

Ademais, farase a ofrenda no portal de Belén para, deseguido, dar paso aos discursos e a recepción das crianzas.

Repartiranse, así mesmo, caramelos sen glute entre as persoas asistentes.

Este acto poderase seguir en directo a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal.

Comparte este artigo