Home A Coruña A xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwon-do ITFU reunirá en...

A xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwon-do ITFU reunirá en Carballo a 250 deportistas

- Anuncio -

Carballo acolle esta fin de semana a xornada inaugural da Liga FITE Galicia de taekwon-do ITFU, que reunirá no noso concello a 250 deportistas de toda Galicia. O club Chong, que exerce como anfitrión, contará con 57 representantes nas diferentes categorías, con idades que abranguen desde os seis ata os 29 anos.

Álex Trigo, Agustín Trigo e Fernando Abelenda, en representación do club, e Maruxa Suárez e Miguel Vales, do Concello de Carballo, presentaron este xoves o cartel do evento, que contribuirá a reforzar a intensa actividade prevista para esta ponte no noso concello. Nese sentido, o acceso á competición, que se desenvolverá de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas no pavillón Vila de Noia, será libre. O espectáculo está garantido, xa que o público poderá ver en acción a taekwondistas de diferentes idades competindo nas modalidades de tul, combates e técnicas especiais.

As outras dúas xornadas da Liga FITE Galicia de taekwon-do ITFU disputaranse na no 2025 nos concellos de Ordes e Noia.

Relacionadas

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

O Concello adxudica os traballos de mellora do campo de fútbol municipal Víctor Fernández...

0
A actuación, que consistirá na renovación do céspede artificial e do peche perimetral, ten un orzamento de máis de 430.000 euros O Concello vén de...

Neda reforzará as partidas de emerxencia social e a axuda no fogar cos fondos...

0
O Concello de Neda destinará o POS+ Adicional 2025 a reforzar as partidas municipais destinadas a facer fronte tanto aos gastos de emerxencia social...

Albert Pla pecha este sábado a programación do Ciclo Principal de outono no Teatro...

0
Últimas entradas á venda de cara ao espectáculo do polifacético artista catalán, recoñecido polo seu traballo musical e as súas colaboracións con Robe Iniesta,...

Carballo segue a amosar a súa solidariedade coas vítimas da DINA cun concerto benéfico...

0
Quercus Blues, Rusty Nuts, Lowcos e The Cerne actuarán o sábado 28 a partir das 20.00 horas na carpa da Praza do Concello Carballo é...

Incendio na nave do Matadoiro de Vilaseco, en Vimianzo

0
Os bombeiros do parque Provincial de Carballo, apoiados polo parque de Santa Comba, acudiron sufocar o incendio producido no Matadoiro de Vilaseco, na parroquia...

Publicacións Relacionadas