Home A Coruña A Xunta achega preto de 35.000 euros para a renovación do Parque...

A Xunta achega preto de 35.000 euros para a renovación do Parque Infantil do Souto no concello coruñes de O Pino

- Anuncio -

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras realizadas grazas ás axudas da Orde de Infraestruturas de uso público

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe o resultado das obras de melloras levada a cabo no parque infantil do Souto,no concello de O Pino, ás que o Goberno galego achega preto de 34.000 euros da Orde de Infraestruturas de uso público.

Segundo indicou a directora xeral, o concello solicitou esta axuda co obxectivo prioritario de continuar prestando os debidos servizos aos cidadáns en condicións de calidade que satisfagan as súas necesidades. O conxunto de actuacións teñen por obxecto a renovación dun parque infantil de preto de 300 m² moi antigo, con elementos en mal estado e sen a pavimentación de seguridade adecuada. Ademais da instalación de novos equipamento de xogos para os máis pequenos.

Durante a súa visita, Natalia Prieto, destacou a importancia da colaboración entre a administración autonómica e a local, que é a mellor coñecedora das necesidades e demandas da veciñanza, xa que grazas a estas axudas, os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns e que non se poderían levar a cabo en moitas ocasións se non fose pola colaboración entre Xunta e concellos. Natalia Prieto incidiu na importancia da cooperación entre as administración para axudar aos concellos a levar a cabo proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía

Concretamente, o concello de O Pino nos últimos once anos ten recibido axudas da Vicepresidencia cun importe de máis de 300.000 euros destinados a proxectos beneficiarios da Orde de Infraestruturas, do Fondo de Compensación Ambiental, ademais da adquisición de vehículo de emerxencias e melloras na casa consistorial.

Relacionadas

Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu na sede do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, asistiu esta mañá na sede do Tribunal...

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

A Xunta investirá máis de 7,5 millóns de euros na retirada dos residuos da...

0
— Ángeles Vázquez explicou que as actuacións previas comezarán a próxima semana e que as obras de escavación e extracción do material para o...

Román Rodríguez anuncia que o alumnado do Instituto IES Valle-Inclán poderá estrear as primeiras...

0
— Salienta a envergadura da obra neste edificio histórico que cualifica como “unha das catedrais educativas que temos en Galicia” cun investimento de 4,7M€ —...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

José López destaca a “implicación e iniciativa” dos correspondentes xuvenís e avanza novas accións...

0
— O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude visita os mozos e mozas deste programa autonómico de transmisión da información xuvenil, que esta fin...

Publicacións Relacionadas