No suroeste da Coruña e no litoral da provincia de Pontevedra activase unha alerta de nivel laranxa
Lémbrase a necesidade de extremar as precaucións, seguir as medidas de protección pertinentes e consultar a web axega112.gal
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia Primeira da Xunta vén de activar unha alerta vermella no litoral noroeste e oeste da Coruña e no litoral de Lugo, estando o resto do litoral galego en alerta laranxa.
Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), esperase un fenómeno adverso de nivel vermello no noroeste e oeste da provincia de A Coruña por mar combinada con ondas entre 8-9 metros e vento do oeste de forza 8 que dará comezo a media mañá deste sábado. No resto do litoral galego, actívase unha alerta laranxa por mar combinada con ondas entre 5-7 metros que dará comezo ao mediodía de mañá.
A Xunta lembra nas zonas afectadas a importancia de manterse afastados da liña de costa, isto é, de diques, rompentes, espigóns, peiraos, praias, paseos marítimos e todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar, co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos. Tamén se aconsella extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e revisar os cabos e amarres das embarcacións