Home A Coruña A Barcala A Xunta adxudica 30.000 metros cadrados de solo empresarial en Santiago, Negreira,...

A Xunta adxudica 30.000 metros cadrados de solo empresarial en Santiago, Negreira, Carballo, Viveiro, O Pereiro de Aguiar e Mos

- Anuncio -

― A superficie vendida por Xestur nos polígonos destes concellos foi adquirida por un prezo bonificado global de máis de 1,1 millón de euros

― Son un total de 8 parcelas, grazas as que o ano 2021 pechará coa venda dun cento no conxunto dos parques galegos de titularidade autonómica

 Xunta de Galicia acaba de adxudicar preto de 30.000 metros cadrados de solo empresarial distribuídos en 8 parcelas emprazadas en 6 parques: A Sionlla (Santiago de Compostela), Negreira, Carballo, Viveiro, O Pereiro de Aguiar e Mos.

O prezo de venda do conxunto das parcelas supera os 2 millóns de euros, despois de aplicar unha bonificación de máis de 1,1 millóns de euros, segundo aprobou esta semana a comisión executiva de Xestur.

No caso dos terreos da Sionlla, adxudicáronse dúas parcelas que suman 17.880 m2 a unha empresa de grúas, plataformas elevadoras e servizo de transporte, que desexa ampliar as súas instalacións, e a outra a un negocio de embalaxes. O importe de adxudicación ascendeu a 1,5 millóns de euros, tras aplicarlle unha bonificación de case 650.000 euros.

No parque empresarial de Negreira adxudicouse unha parcela de 1.145 m2 que o comprador destinará a unha carpintería. O importe de venda foi de 81.520 euros, tras aplicarlle unha bonificación de 23.700 euros.

Tamén na provincia da Coruña, en Carballo, adxudicouse unha parcela de 2.028 m2 por un importe de 81.520 euros, tras aplicarlle unha bonificación dun 50%. A empresa dedícase á mecanización de perfís de aluminio.

En Viveiro, unha empresa de comercialización de produtos sanitarios e xeriátricos e outra de aparellos eléctricos de calefacción adquiriron dúas parcelas, que suman 4.774,10 m2, polas que abonarán o 50% do prezo e quedará en 170.389,83 euros.

Asemade, unha empresa de fabricación e montaxe de estruturas metálicas adquiriu no Pereiro de Aguiar unha parcela de 1.461 m2, pola que pagará 58.440 euros, tras aplicarlle unha bonificación dun 50%.

Por último en Mos, Xestur aprobou a venta dunha parcela de 2.570 m2 por un prezo de 291.000 euros, tras aplicarlle un desconto de 124.902 euros. A empresa que se instalará nesta superficie dedícase á fabricación de sistema de desalinización por osmose inversa.

A Xunta, a única que bonifica a venda de solo
Este ano, o Goberno autonómico xa adxudicara 92 parcelas, ás que agora se suman as 8 aprobadas por Xestur, polo que o 2021 se pecha coa adxudicación dun cento de parcelas, que comprenden un total de 267.000 m2.

Cómpre salientar que a Xunta é a única promotora de solo empresarial da Comunidade que desde 2015 aplica descontos sobre o prezo de venda en todas as parcelas da súa titularidade. Estes son do 50% en todos os parques das provincia de Lugo e Ourense, ademais dos emprazados en Ferrolterra, Costa da Morte e fronteira con Portugal. No resto a bonificación é do 30%.

ConcelloParcelasSuperficie adquiridaImporte da bonificación
Santiago (A Sionlla)217.880647.562
Negreira11.14523.701,50
Carballo12.02881.568,54
Viveiro24.774,10170.389,43
Pereiro de Aguiar11.41658.440
Mos12.570124.902
Total829.813,101.106.563,47

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

Publicacións Relacionadas