Home A Coruña A Xunta adxudica as obras de execución dunha senda e da mellora...

A Xunta adxudica as obras de execución dunha senda e da mellora do firme na estrada AC-221, en Abegondo

- Anuncio -

― A intervención, adxudicada por máis de 48.000 €, comezará nas vindeiras semanas

― O treito de actuación sitúase entre os quilómetros 10+640 e 10+960

― Rehabilitarase o firme con formigón bituminoso en quente e procederase á mellora da drenaxe lonxitudinal da estrada

― A nova senda terá unha lonxitude aproximada de 140 metros e un ancho de 1,5 metros, nun espazo no que as edificacións se atopan moi próximas ao borde da calzada, polo o que será necesario desprazar o eixo da estrada

― A Xunta continúa dotando as vías autonómicas de itinerarios seguros, sostibles e saudables para favorecer os desprazamentos a pé dos cidadáns

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar as obras de execución dunha senda e da mellora do firme na estrada autonómica AC-221, no concello de Abegondo.

A actuación, adxudicada á empresa Explotaciones Gallegas S. L. por importe de máis de 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas.

A intervención desenvolverase entre os puntos quilométricos 10+640 e 10+960, nunha zona na que non hai un espazo seguro para o tránsito peonil. Procederase, ademais, á rehabilitación do firme.

Máis en concreto, para a rehabilitación do firme empregarase formigón bituminoso en quente. Tamén se procederá a realizar a drenaxe lonxitudinal da estrada mediante unha tubaxe de 315 de PVC e sumidoiros.

A nova senda terá unha lonxitude aproximada de 140 metros e situarase no mesmo ámbito, nun espazo no que as edificacións se atopan moi próximas ao borde da calzada. Para a súa execución, será necesario desprazar o eixo da estrada para permitir que o ancho do novo itinerario acade 1,5 metros de ancho.

A Xunta continúa dotando as vías autonómicas de itinerarios seguros, sostibles e saudables para favorecer os desprazamentos a pé dos peóns, que son usuarios vulnerables das estradas.

Relacionadas

O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra

0
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler...

Inés Rey reivindica o valor para a cidade da Escola Municipal de Música na...

0
“A esencia desta institución non é só formar músicos, senón tamén persoas”, dixo a alcaldesa A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, interveu esta tarde na...

Yoya Neira destaca os valores da Asociación de Amas de Casa no Día da...

0
A concelleira de Benestar Social, Yoya Neira, asistiu hoxe en Palexco en representación da alcaldesa, Inés Rey, A tradicional comida do Día da Amizade...

Instalada a pasarela entre Agramar e Areeiros, preto do Sol y Mar

0
A pasarela que facilita a comunicación ciclopeonil entre as prazas de Agramar e Areeiros, na contorna do Sol y Mar e relacionada coas obras...

O ‘Obradoiro de emprego A Laracha VIII’ rehabilita o Centro Sociocultural de Erboedo

0
Paralelamente a especialidade de traballos de carpintería e moble actúa na mellora do paseo fluvial do Anllóns. O Concello ten en marcha desde hai case...

Compostela demanda a elaboración dun Plan estratéxico para coordinar os aeroportos galegos

0
A alcaldesa defendeu a necesidade dunha política aeroportuaria coordinada e planificada baseada nun plan estratéxico e "liderada por Santiago como punto de referencia e...

Publicacións Relacionadas